xoves, 25 de novembro de 2021

A NOSA LAZADA DO 25 N

O alumando do CEIP Espedregada colaborou na elaboración da lazada reivindicativa contra a violencia de xénero. Este ano, quixemos facer fincapé na sinal de socorro en caso de violencia machista.








 

25 N NA BIBLIOTECA DO CEIP ESPEDREGADA

O 25 de novembro é unha data na que cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas  de violencia contra as nenas e as mulleres.
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. 
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir una paso atrás. 





 
MATERIAL PARA TRABALLAR O 25N
 

UNHA ARMADURA CON FERRUXE

Para conmemorar o 25N hoxe tivemos no CEIP Espedregada unha función de monicreques dinámica e amena para todo o alumnado, cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.







xoves, 18 de novembro de 2021

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Durante este mes de novembro celebraremos o mes da Ciencia na nosa biblioteca, experimentaremos coa nosa rapazada mediante o club de ciencia e prepararemos unha selección de libros que están desexando que os levedes para as vosas casas. 


martes, 16 de novembro de 2021

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O alumnado do noso centro tivo unha xornada de deporte e solidaridade coa carreira a favor de Save the children.
Kilómetros de diversión e ilusión por un boa causa. Que ben o pasamos!



CINE NA BIBLIO

Como este ano o noso proxecto de centro vai de cine, a nosa biblioteca convertese en tódolos recreos nunha sala cinematográfica. A estrea foi cos "sete cabritos" pero todas as semanas iremos cambiando a carteleira.







CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN



Un ano máis a biblioteca do CEIP Espedregada convocou o concurso de relatos de medo para celebrar o Samaín. A calidade das obras presentadas foi altísima pero ao final as gañadoras e gañadores son:



ADRIANA DASILVA GONZÁLEZ


ROI ALVES DÍAZ



RAÚL GONZÁLEZ GÓMEZ



 ADRIANA RUANO RIVERO

venres, 5 de novembro de 2021

LECTOR DO MES DE OUTUBRO

Xabier Guerra Torres



martes, 2 de novembro de 2021

CLUB DE CIENCIA

Un ano máis o noso centro CEIP de Espedregada foi admitido para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
O alumando de 4º, 5º e 6º pasárono xenial cos amigos de "Ciencia en Movimiento" que nos farán unha visita ao mes para que podamos divertirnos mentras aprendemos a ser "grandes científicos".