Aquí tedes todo o que nos dixo.
LEO: Como te chamas?
JAVI: Javier Taboada Meis.
LEO: Cantos anos tes Javi?
JAVI: 8 anos.
LEO: Es o primeiro lector do mes deste curso, Sabes que quere dicir iso?
JAVI: Significa ser o que máis veu á biblioteca e o que libros levou para ler.
LEO: E o que máis leu!! Non te olvides, que o noso ordenador sabe todo.
LEO: E o que máis leu!! Non te olvides, que o noso ordenador sabe todo.
JAVI: Xa.
LEO: Que libros liches Javi?
LEO: Que libros liches Javi?
JAVI: Scoobydoo y el hombre lobo, Duendecillo Membrillo, Luci Luciernaga, Piojo Rastrojo,.. ("El hombre lobo" de James Gelsey. Colección Misterios a 4 patas. Editorial Laberinto; "Duendecillo membrillo" de Cristina Rodríguez Fischer. Editorial Blume; "Luci luciérnaga" e "Piojo rastrojo" de Antoon Krings. Editorial Blume).
LEO: Carambas, un montón! E cal che gustou máis?
LEO: Carambas, un montón! E cal che gustou máis?
JAVI: O de Piojo rastrojo.
LEO: De que trata o conto de Piojo rastrojo?
LEO: De que trata o conto de Piojo rastrojo?
JAVI: Había un piollo que caeu dunha melena dun neno. Entón, arranxou unha casa de madeira para poñer unha perruquería e chamoulle "Perruquería Rastroxo". E o seu primeiro cliente foi unha abella.
LEO: E por que che gusta ler?
LEO: E por que che gusta ler?
JAVI: Porque os contos teñen lecturas divertidas e serven para aprender e ler mellor.
LEO: De que tratan os teus contos favoritos?
JAVI: De aventuras.
LEO: E en casa Javi, tes libros para ler?
JAVI: Sí.
LEO: E cales les máis?, Tes algún favorito?
JAVI: Os contos de Disney. Gústame moito o de Os Aristogatos. Son unha gata e tres gatos que están a punto de ser envelenados por un home malvado.
LEO: Moi ben Javi. En que momento les?
JAVI: Os xoves, os venres, os mércores, os luns....
LEO: Case todos os días polo que vexo. E en que momento do día?
JAVI: Pola noite, en cama. Leo só antes de durmir.
LEO: Moi ben Javier. Encantoume entrevistarte. Dentro de pouquiño terás a túa entrevista no blog da biblioteca. Felicidades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario