O 20 de novembro celébrase o día Universal da Infancia. En 1989, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, aprobou a Convención dos Dereitos da Infancia.
No seguinte vídeo ides aprender máis sobre este día, escoitade con atención.
Para celebrar este día, o alumnado de 4º e 5º de Primaria, quixo reivindicar algúns dos dereitos que debe ter cada neno e nena de calquera parte do mundo.
Escoitémoslles porque teñen moito que contar e...fagamos realidade os seus dereitos.
E...lembrade, tedes o dereito e o deber máis importante do mundo:
Ser felices!!!!
A Fada Acaramelada.
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario