Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres así como o respecto aos demais, independentemente de si temos as mesmas opinións, sexo, idade,relixión...
Dende o equipo de Biblioteca non queríamos deixar pasar o 25 N sen pararnos uns intres en reflexionar arredor da importancia de educar en igualdade. Se ben é certo que o traballamos, na nosa rutina ao longo do curso, nestes días o facemos con máis mimo e profundidade.
Desde infantil ata primaria todas e todos contribuíron co seu gran de area para seguir lembrando que este día debe ser todo o ano: de respecto e igualdade. Decoramos os corredores do colexio con mans dispostas a construír un mundo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario