Voltamos das vacacións do Nadal, cos mellores propósitos do novo ano que comeza.
E é que xaneiro chega cargado de proxectos e hoxe celebramos unha gran data para reflexionar:
O Día Escolar da Paz e da Non-violencia, é unha xornada que se empezou a levar a cabo en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal como punto de partida e apoio para unha educación non violenta e pacificadora. Celébrase o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Este ano no cole celébrase o venres 29, pero ao longo de toda a semana traballamos sobre o tema dende as distintas áreas e especialidades.
Compartimos momentos que invitan á importancia de vivir en paz, medrando fortalecidos polos valores, que nos levan a convivir no respecto á diversidade, na tolerancia, na solidariedade, pilares sobre os que construír futuro.
Todos cantamos deste xeito para acadar un mundo mellor.
Na biblioteca creamos o recuncho lector cos libros que abordan esta temática.
Nas vosas casas, podedes pasar un momento entretido xogando co seguinte
PASAPALABRA DA PAZ
A ver se sodes quen de completalo!!
A Fada Acaramelada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario