xoves, 14 de xaneiro de 2021

LECTORA DO MES DE DECEMBRO

 Ola bibliotecantes!!

Seguro que  vos estaredes preguntando quen  foi o lector/a do mes de decembro. 
Pois ben, nesta ocasión temos que felicitar enormemente a unha nena  de segundo de primaria.
Celia Galiano 


Desexades coñecela un chisco máis?  Déixovos a súa entrevista, na cal colaboraron  todos os seus compañeiros/as  de clase  e a reporteira Aurora.

                                        Entrevista  

Parabéns Celia! Fuches a lectora do mes e ademais, hai que dicir que as fichas de lectura que entregaches estaban xenial! Tamén temos que lembrar, que fuches a gañadora do concurso no Día das Bibliotecas Escolares. Que emoción, non?

Celia:  Si, estou moi emocionada  porque nunca fora a lectora do mes.

Fada: Poderíasnos dicir cal ou  cales son os teus libros favoritos?

Celia: Gústame moito o libro Contos de boas noites para nenas rebeldes” o número 2, tamén os libros de aventuras piratas como “Daniela Pirata” ou “Os Jolley Rogers”

Fada: Trouxéronche algún libro os Reis Magos?

Celia: Trouxéronme  o número 1 de “Contos de boas noites para nenas rebeldes”, e  encántame tamén. 

Fada: Entón... gustaríache recomendar ese libro e  a colección do “Os Jolley Rogers” aos teus compañeiros/as e pedilo na caixa de suxestións da biblioteca do cole?

Celia: Si, porque son libros de piratas e a min gústanme porque son moi emocionantes, as súas aventuras e sobre todo que pelexan contra as inxustizas.

Fada: A verdade é que ten moi boa pinta. Pedirémolos na nosa caixa de suxestións. E a ti, que te leva a ler?

Celia: Cada libro ten unha historia distinta dentro e gústame coñecer e deixarme sorprender polo que  nos pode contar un libro.

Fada: Estou totalmente de acordo contigo, Celia. Por certo, que prefires ler, libros en galego ou en castelá?

Celia: Os libros en castelá porque os entendo un anaquiño mellor. Cando leo libros en galego as palabras que non coñezo pregúntollas a miña nai.

Fada: ntaslle contiños a túa irmá pequena, Elena?

Celia: Ás veces, ... unha vez estabamos na cama da miña nai, fomos ao salón e collemos unha lanterna e unha manta e nos puxemos a ler o meu libro favorito debaixo dela...foi moi divertido.

Fada: A min tamén me encanta ler libros dese xeito... e ... canto tempo che leva ler un libro?

Celia: Un libro enteiro podo tardar 2 ou 3 días en lelo. Ademais cada noite leo 3 ou 4 contos de boas noites.

Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Celia: Non adoito ler revistas, ... agora estou participando nun concurso de debuxo da revista Clan que consiste en debuxar algún personaxe  das series do canal Clan.

Fada: Seguro que o fas fenomenal, como xa quedou demostrado o ano pasado cando resultaches gañadora do debuxo da mascota da biblioteca e este ano no concurso “Que é una biblioteca para ti?”.

Espero que sigas amosando esa paixón pola lectura  Celia, e nunca deixes de ler. 

Moitas grazas pola túa entrevista. Esta chea de boas recomendacións e de repostas moi interesantes.

Celia: Moitas grazas. Ata logo!

Celia e a reporteira Aurora

A Fada Acaramelada.


 Todvai saír ben! 🌈 

Ningún comentario:

Publicar un comentario