Ola a todos/as,
Xa temos os gañadores/as do noso concurso de relatos de Nadal. Non foi unha decisión sinxela porque escribistes uns relatos sensacionais .
Xa temos os gañadores/as do noso concurso de relatos de Nadal. Non foi unha decisión sinxela porque escribistes uns relatos sensacionais .
A gañadora do 1º premio é Olaia Gómez, de 4º de primaria, quen nos cativou a todos co seu relato "O Nadal dos xabaríns". O día de Noiteboa Papá Noel se estrela co seu trineo cando está sobrevolando terras galegas. De súpeto, atópase cuns xabaríns, que lle axudan a entregar os agasallos a todos os nenos e nenas. Unha historia moi emocionante!!
O 2º premio, é para Mabel Castro, de 3º de Primaria, quen escribiu "Quero aos meus amigos ", unha historia conmovedora que nos fai reflexionar sobre a importancia da amizade.
Por último, Roi Alves, de 2º curso, lévase o 3º premio. Coa súa historia "Como o Covid quixo roubar o Nadal" amósanos a través dunha banda deseñada as intrépidas aventuras de Papá Noel e os seus Elfos para salvar o Nadal da Covid 19. Unha historia moi de actualidade!!
Parabéns a todos/as!!
Desexamos que o vindeiro ano, poidamos bailar e cantar, como sempre facemos e como volveremos facer!!
Bo Nadal e Feliz 2021, cheo de ilusións!!
A Fada Acaramelada.
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario