Ola de novo!!
Queredes saber quen foi o lector/a do mes de novembro?
Nesta ocasión resultou gañador un alumno de segundo curso de Primaria:
Roi Alves
Aquí vos deixo a súa entrevista, na cal colaboraron os seus compañeiros/as de clase e a reporteira Amanda.
Entrevista
Roi: Si, porque me gusta ler libros.
Amanda: A verdade é que estás en racha porque tamén fuches o gañador do concurso de relatos de medo de Samaín. Cantos premios! Lémbrasche cantos libros da biblioteca liches este mes?
Roi: Creo que seis.
Amanda: Cal é o teu libro favorito?
Roi: Teño moitos libros favoritos, é difícil escoller un... aínda que "Animalotes" e "A que sabe a Lúa?" son dos meus preferidos.
Amanda: Por que che gustan os libros?
Roi: Porque son moi especiais para min.
Amanda: Tes razón Roi, os libros son moi especiais porque nos permiten imaxinar e mergullarnos nun mundo de fantasía. Por certo...contas contiños a túa irmá pequena, Sara?
Roi: Si, moitos, por exemplo un libro que lle lin foi " A pequena Lúa".
Amanda: Canto tempo tardas en ler un libro?
Roi: Unha ou dúas noites.
Amanda: Aparte dos libros, gústache ler revistas?
Roi: Máis ou menos, aínda que prefiro os libros.
Amanda: E xa para rematar, poderías recomendarnos aos compañeiros e compañeiras de clase un libro para ler en Nadal?
Roi: Si, "El copo de nieve", de Benji Davis. A min gústame moito.Amanda: Moitas grazas pola túa suxestión, Roi.
Desexamos que manteñas o gusto pola lectura e a paixón que amosas polos libros. Chao!
Roi: Ata pronto!
A Fada Acaramelada.
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario