O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional, un día para lembrar a igualdade real, sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todos e todas somos diferentes e cada un / unha de nós ten moito que aportar aos demais.
Para conmemorar esta data, os nenos e nenas de terceiro puxeron as súas voces ao conto "Por cuatro esquinitas de nada", un libro de Jérome Ruillier.
Este libro conta a historia de Cuadradito, un pequeno cadrado ó que lle encanta xogar co seu grupo de amigos, os Redonditos. Sempre están xogando e están moi contentos. Pero un día teñen un problema: teñen que entrar na casa grande e alí xorde o conflito. Queredes saber como o solucionan? Escoitade con atención.
Os nenos e nenas de todos os cursos fixemos a actividade "Un mar de cores" , proposta polo Departamento de Orientación do centro, mediante a cal reivindicamos que sendo distintos e ninguén igual, todos aportamos cor especial ao mar, co seguinte lema:
"TODOS DIFERENTES NINGUÉN IGUAL, TODOS NECESITAMOS AXUDA E NOS GUSTA AXUDAR"
Todos temos algo bo, unhas capacidades que hai que potenciar e poden axudar aos demais a desenvolver as súas a través da solidariedade, empatía e colaboración.
Por último, puidemos gozar dunha sesión de cine inclusivo, con curtas para reflexionar sobre este tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario