Ola a todos/as!!
Como xa é tradición no noso cole, celebramos Samaín convocando un concurso literario con micro- relatos de medo que tanto vos gustan.
Premede na imaxe e veredes toda a información!!
Animádevos a escribir os vosos relatos máis arrepiantes!! Sorte a todos/as!!
Xa temos os gañadores /as do noso concurso!!
Teño que dicir que non foi unha decisión sinxela porque escribistes uns relatos fantásticos!!
O gañador do 1º premio é Roi Alves, de 2º de primaria, quen nos cativou a todos co seu relato "Algo pasou en Espedregada", o cal ten como protagonista ao noso esqueleto Manolo.
O 2º premio, vai para Olaia Gómez, de 4º de Primaria, quen escribiu "O gran", un relato arrepiante que se desenvolve en París e que vos fará estremecer co desenlace da nova Mary- Anne.
Parabéns Olaia!!
Por último, Adriana Ruano, de 5º curso, lévase o 3º premio. Cinco amigas son as protagonistas do seu relato "A noite do terror" que ten lugar nunha casa que quedará encantada para sempre. A que ten boa pinta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario