venres, 9 de outubro de 2020

CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Que tal vos vai amiguiños?

Un ano máis as mochilas viaxeiras chegan ás vosas casas, nesta ocasión de  luns a venres,  para ofrecervos unha selección de material escrito e audiovisual, para toda a familia.  Iso si, con todas as medidas necesarias para gozar con elas de forma segura nos vosos fogares. 

Con esta actividade pretendemos reforzar o vínculo entre familia e escola, no labor común da formación dos nosos lectores/as. Permítenos tamén fortalecer outras destrezas e competencias: escribir, contar, escoitar... Como ben sabedes ler é unha experiencia única e irrepetible. 

KATIA 2º EP
KATIA 2º EP

Antes de usar os materiais que contén a mochila, seguindo as recomendacións sanitarias,  é recomendable  que  hixienicedes as mans (con auga e xabón ou xel hidro -alcohólico).  Non poderedes compartir os materiais da mochila con ningunha persoa fóra da vosa familia.

SARA E.I.

As mochilas levan un material fixo, o cal é seleccionado previamente polo profesorado do  centro atendendo a criterios pedagóxicos e didácticos. Haberá unha listaxe de todo o material para que  comprobedes, antes da súa devolución, que contén todos os materiais e están en perfecto estado.           
ADRIANA 3º EP

No caderno de bitácora (diario de viaxe), podedes expresar ideas, debuxos, traballos, resumos... que xurdan ao redor do material que vos chega. Deste xeito, tedes a posibilidade de compartilo co resto de compañeiros/as, léndoos na aula


ÁLEX 5º EP
Os vosos/as compañeiros/as están entusiasmados ao recoller as súas mochilas. As imáxenes falan por si mesmas. 

LOLA E.I.


Os pequerrechos de Infantil tamén puideron gozar de boas lecturas coas bolsiñas viaxeiras. Mirade que olliños de alegría!!


Agardo moi expectante a que escribades as vosas opinións, debuxos, fotos, colaxes... en fin as vosas creacións!! Como premio obteremos o noso libro viaxeiro que nos fará medrar xuntos.

Biquiños!!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

Ningún comentario:

Publicar un comentario