xoves, 15 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola de novo amiguiños!


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. No noso cole para celebralo convidámosvos a  participar no seguinte concurso.

Queredes saber en que  consiste?  Aquí tendes toda  a información.

Os traballos realizaranse nas aulas cos vosos profes. 
Para poder participar, os alumnos/as de E. I e 1º-2º de Primaria, empregaredes a seguinte folla.

No caso dos alumnos/as de 3º a 6º , utilizaredes esta outra  folla para describir como é a vosa biblioteca do colexio. Os vosos relatos teñen que estar escritos en galego ou castelán e a extensión máxima será desta folla por unha soa cara.



Os nomes dos gañadores daranse a coñecer o venres, día 23 de outubro. Ademais haberá outras sorpresas que estou preparando para vós!!  Non podedes faltar!!!

Mentres tanto aquí vos deixo a poesía  " A biblioteca escolar" para que a vaiades aprendendo.

                            ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

O día das bibliotecas é un día moi especial  no CEIP Espedregada. É unha data que esperamos con moita ilusión,  xa que damos a coñecer o proxecto que imos a traballar durante o curso.

"A volta ao mundo da Fada Acaramelada"

O día 23, comezamos a xornada lendo unha invitación que enviei ás distintas aulas. Nela convidaba aos nenos e nenas do colexio a participar nunha viaxe marabillosa, coma xa fixera Phileas Fogg na súa “Volta ao mundo en 80 días”. 


Para poder emprender a súa viaxe, fíxelles chegar os seus pasaportes, os cales teñen que levar consigo cando visiten a biblioteca para rexistrar os libros que van lendo de cada continente.


A continuación, déronse a coñecer os nomes dos gañadores/as do concurso: Que é unha biblioteca para ti?
En Infantil, Alana Paz proclamouse vencedora co seguinte debuxo da súa visión da biblioteca escolar. 



Na aula de primeiro e segundo, unha vez máis, foi Celia Galiano quen resultou gañadora. 

Debuxaches unha biblioteca con todo luxo de detalles, moi ben!!


Na categoría de redacción, os gañadores de cada aula foron:


Xabier Guerra de 3º curso de EP



Fery Ruano de 5º de EP



Candela Da Silva de 6º EP


Parabéns a todos/as!!

Despois, o alumnado das diferentes aulas, cantaron a canción: "A biblioteca escolar". Que ben o fixeron!! Aquí vos deixo os vídeos das súas actuacións:

Alumnado de 1º/2

Alumnado de 3º


Alumnado de 4º /5º


Alumnado de 6º

Por último, quixen agasallar aos meus queridos lectores e lectoras cun libro para que o incorporen a súa propia biblioteca de lecturas. Fixádevos que contentos están!!

Alumnado de EI


Alumnado de 3º EP


Alumnos de 5º EP

Foi un día inesquecible!!

A Fada Acaramelada.

 Todvai saír ben! 🌈 

Ningún comentario:

Publicar un comentario