domingo, 18 de abril de 2021

LECTORA DO MES DE MARZO

Bo día, lectores!! Como estades?

Neste mes queremos felicitar enormemente a unha alumna de 3º  de Primaria, por ser a  lectora do mes de marzo. O seu nome é...

Sofía González


  Déixovos a súa entrevista, para que saibades máis sobre ela. 

                                Entrevista  

Fada:  Ola Sofía!!  Durante todos estes meses estiveches a piques de conseguir ser a lectora do mes e agora, por fin, o  conseguiches !!  Que alegría, non?

Sofía:  Si, estou moi contenta.

Fada: Cal é o teu libro favorito?

Sofía: "El Bosque de los Cuentos". Vai de tres nenas que o pasan pipa lendo contos e "Alexity, ¡liándola sin parar!".

Fada: Que prefires ler libros en galego ou en castelán?

Sofía: En galego, porque vou máis rápido e aprendo palabras novas.

Fada: Na túa casa, aos teus pais gústalles ler tanto coma ti? 

Sofía: Si, aos meus pais e á miña avoa gústalles ler..., ao meu avó nunca o  vin ler.

Fada: Quen le mellor de todos?

Sofía: Eles, porque son maiores ca min.

Fada: Gustaríache recomendar algún libro aos teus compañeiros/as?

Sofía:  Recomendo un libro moi interesante, "Los vikingos visitan América". Vai de dous nenos que visitan lugares de América do Norte. Ademais, é un libro co que podes acadar un selo no teu pasaporte, porque está relacionado co noso proxecto " A volta ao mundo".

Fada: Canto tempo che leva ler un libro?

Sofía: Se é pequeno, uns minutos... Agora, para casa estamos levando unha colección de libros sobre zombis, "El chef zombi". Van dun chef que cociña pratos empregando monstros coma ingredientes. Ese libro podo tardar uns dous ou tres días en lelo.

Fada:  Por certo, leslle contos á túa irmá pequena? 

Sofía: Non moito, non me fai caso. Ela prefire ver películas. Por exemplo, gústalle máis ver "Pinocho" en película que escoitar o conto.

Fada: Aparte dos libros, gústache ler revistas?

Sofía: Si, adoito ler as  de Papagaio e as revistas  de animais. As bandas deseñadas gústanme moito.

Fada: Se foses unha personaxe de contos, cal che gustaría ser?

Sofía: Natalia, unha personaxe da colección "El chef zombi". É unha nena moi traviesa, á que lle gustan moito os animais, aínda que a miña personaxe favorita de todos os contos é "Alicia en el país de las maravillas".

Fada: Moitas grazas Sofía pola túa entrevista. Agardo que sigas mantendo o gusto pola lectura.

Sofía: Chao!


A Fada Acaramelada

 Todvai saír ben! 🌈


Ningún comentario:

Publicar un comentario