Sabías que...?
Foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 para fomentar a conciencia e acción ambiental.
Cada ano o Día Mundial do Medio Ambiente céntrase nun tema co que sensibilizar á poboación. Este ano o tema xira en torno á biodiversidade.
A perda de biodiversidade aumenta o perigo de aparición de novas enfermidades.
Para festexar esta data, propóñovos un...
"Concurso de Fotografía"
Preme nos elementos interactivos da imaxe para ver toda a información.
Podedes enviar as vosas fotografías ao correo da biblioteca:
bibliotecaespedregada@gmail.com
Por outra banda, hoxe haberá un eclipse lunar chamado "Lúa de Amorodo ou Lúa da rosa". Podes obter máis información premendo aquí.
Canto sabes de ecoloxía? Se respondes axeitadamente ás preguntas completarás o crebacabezas.
Saberías botar o lixo no seu colector?
Déixovos algunhas lecturas recomendadas para concienciar sobre o respecto e coidado do medio ambiente.
Os nosos "espedrereporteiros", Gimena, Guille e Naim fixeron unhas entrevistas aos seus maiores sobre como cambiou a produción e xestión de residuos co paso de tempo e as modificacións que sufriu a nosa paisaxe. Preme sobre os seus nomes e escoitade moi atentos porque nos aportan datos moi interesantes.
Por último, para rematar a semana con ritmo, déixovos dúas cancións de Gloria Fuertes sobre este tema, titúlanse "Todos contra la contaminación " e " Humo y ruido".
A bailar...!
Xa temos as primeiras fotografías, nas que se reflictan como coidades o medio ambiente.
Roi e Sara reciclando o cartón |
Roi reciclando o vidro |
Gimena recollendo o lixo do monte |
O Lixo recollido por Gimena e Tito |
Raúl, reciclando materia orgánica no composteiro |
Estou contentísima co voso traballo, rapaces!! Sodes un exemplo a seguir para sensibilizar ao poboación.Parabéns!!
Unha aperta,
Todo vai saír ben! 🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario