venres, 18 de xuño de 2021

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN

Ola de novo!! 

Chega o verán. Sol, praia, sorrisos, xogos cos amigos/as... e lecturas! Que gozada deitarse na herba cun bo libro entre as mans!

Na nosa Biblioteca seleccionamos estas fantásticas lecturas para todos os gustos e idades.
 

Gozade da maxia de ler!

Unha aperta, 

A Fada Acaramelada

mércores, 16 de xuño de 2021

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"

 Chega o remate do curso e con el, o traballo final do noso proxecto:  

"A volta ao mundo da Fada Acaramelada"

Durante o curso escolar, estivemos traballando os diferentes países ao longo dos  distintos continentes, facendo fincapé  sobre os diferentes aspectos da vida das diversas culturas.

 Na seguinte presentación recompilamos todo o traballo. Agardo que vos guste.


Moitas grazas pola  vosa colaboración.

A Fada Acaramelada

mércores, 9 de xuño de 2021

LECTOR DO MES DE MAIO

Bo día!! Como estades?

Estamos a piques de rematar o curso e segue sendo moi alto o voso  nivel de participación e de lectura. Queredes coñecer cal foi o último lector do mes deste ano? Nesta ocasión o gañador indiscutible   é ...


Ezequiel Yáñez


 Déixovos a súa entrañable entrevista, para que o coñezades un chisco máis. 

                                Entrevista  

Fada:  Que alegría! Fuches o lector do mes. Esperábalo?

Ezequiel:  Non, foi unha gran sorpresa para min. 

Fada: Poderíasnos falar dalgún libro dos que liches?

Ezequiel: 
 Si "El atlas de los monstruos  y fantasmas del mundo", nel aparecen monstros e fantasmas que che sorprenderán. É moi interesante.

Fada:  Prefires ler libros en galego ou en lingua castelá?

Ezequiel:  Nas dúas linguas, aínda que entendo mellor os que están en castelán  posto que eu levo toda a vida falando nesta lingua. Agora estou aprendendo moitas cousiñas en galego.

Fada: Gustaríache recomendar algún libro aos teus compañeiros/as?

Ezequiel: Gústanme moito os libros de medo. Ademais os libros de dinosauros son dos meus preferidos.

Fada: Non me digas!! E cal é o teu dinosuaro favorito?

Ezequiel: Teño tres preferidos: o velociraptor, o anquilosaurio e o plesiosaurio.  Aprendín motísimas cousas e me encantaron!

Fada: Unhas moi boas recomendacións, Ezequiel. Imaxino que lle leras contiños ao teu irmán pequeno, non? 

Ezequiel: Ás veces lle leo cousiñas e pon cariña sorrinte; outras veces está un pouco enfadado porque quere durmir ou comer e non me fai caso. 

Fada: Jaja... que simpático. Canto tempo che leva ler un libro?

Ezequiel:  Depende, se é un libro moi longo uns diiñas,.. se é pequeno dez minutos.

Fada: Caramba, que rapidiño les xaAparte dos libros, gústache ler revistas?

Ezequiel: Si, moito. Na miña casa teño algunhas de acción e de banda deseñada. Ademais, gústanme moito "Os Papagaios" da biblioteca.

Fada: De veras?  Podes dicirnos de que vai para que outros nenos e nenas os coñezan?

Ezequiel: Algúns tratan de cousas de medo outros de construción. Os personaxes son os mesmos nos diferentes números.

Fada:  Moi interesante. Por certo,...  que é o que máis che gusta da biblioteca do cole?

Ezequiel:  Todo, pero aparte dos libros me gustan as "pelis", como as de "Scooby Doo" ou "O monstro do Lago Ness"

Fada: É certo, na biblioteca do cole, temos moi boas "pelis" tamén. Se foses un personaxe de contos, cal che gustaría ser? 

Ezequiel:  Un dinosauro.

Fada:  Xa, pero me refiro a un personaxe dun conto ou novela clásico.

Ezequiel: Pois... Rocinante.

Fada: Rocinante? O cabalo de don Quixote? Por qué?

Ezequiel:  Si, agora estamos a ler as aventuras de Don Quixote da Mancha na clase e Rocinante da moita risa é tamén é un pouco torpeciño coma min...Un día lle tirei sen querer a copa ao meu pai... jeje!

Fada: Ja, ja,ja.. es un fantástico alumno, Ezequiel. Estou encantada de que estés no noso cole. Moitas grazas pola túa entrevista.

Ezequiel: Ata pronto!




A Fada Acaramelada