Amosando publicacións coa etiqueta Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO

Ola de novo!

Estamos a piques de conmemorar o Día do libro, o vindeiro 23 de abril e para celebralo convidámosvos a  participar na seguinte iniciativa co fin de facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos/as.

Queredes saber en que  consiste?  Aquí tendes toda  a información.
.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Xa chegaron  as primeiras fotografías.


Reto conseguido, familia Alvés Díaz!! 

A súa palabra elixida é "tempo". Consideran que este término cobra agora máis significado, porque temos moito tempo para ler, xogar, pensar, entender, observar ou incluso...perdelo.


Moitas gracias pola vosa participación,  fixestes unha foto moi orixinal!
 



Mencía elixiu "xenerosidade", unha palabra que cobra especial importancia nestes días. Moi ben Mencía!!


Agustín e Guille escolleron "amor" e "cariño", dous sentimentos que non deben faltar nestes momentos.
Boa escolla!

"Familia" foi a palabra escollida por Tito e "esperanza" por Gimena. Non debemos perder nunca a esperanza, de que todo va a saír ben e se estamos coa familia, moito mellor. Ben feito, rapaces!!
A mestra Paula optou pola palabra "medrar". Este tempo que estamos a pasar permítenos medrar en moitos sensos: coñecemento, en corazón, en igualdade, en imaxinación, en sabedoría...
Moitas graza Paula, sen dúbida este é tempo de desenvolvemento persoal.


Sofía, tróuxonos "xogar", é importante que o xogo tampouco falte nestes días. Fenomenal Sofía!!

Pola súa parte, Pablo tamén elixiu "tempo"...nestes intres somos ricos en tempo. Moi ben Pablo!

Álex tróuxonos moitas palabras significativas para el e un gran libro "O Principiño", moi boa escolla Alex!
 



As irmás Calvo, Carlota e Lola escolleron dúas palabras que nos transmiten sensacións moi agradables "ledicia" e "amizade". Estupendo rapazas!!


Celia, escolleu a palabra máis anhelada por todos nestes momentos "liberdade".  Xenial Celia!



Selene e Lúa, optaron por dúas palabras que non poden faltar nestes días para facelos máis soportables "música" e "amor". Moi  ben, bonitas!!

Con todas as fotografías que nos enviades, estamos preparando unha presentación dixital.

Moitas grazas a todos pola vosa participación, reto conseguido!!



  Todvai saír ben! 🌈

xoves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 
A data coincide co día de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o cal foi o creador dalgúns contos  clásicos infantís máis coñecidos en todo o mundo, como "O soldadiño de chumbo", "A sereíña" ou "O patiño feo" entre outros.   Ademais os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas e algúns foron levados ao teatro e á gran pantalla.

Para conmemorar este día, propoñémosvos  que disfrutedes, todos xuntos na casa, destes contos clásicos de Andersen.









E para que pasedes un anaco entretido cantando, a profe Paula preparou este divertido conto sobre un can ao que lle gusta comer todo o que atopa. " El perro glotón".


Moitas grazas Paula, quedamos abraiados coa túa interpretación!!

Gustouvos? Se vos tamén queredes participar, e compartir con nos eses contos, libros de banda deseñada ou de información que vos gustan,  podedes facer o seguinte:

Escolledes un libro, preparades ben a súa lectura, que poderá ser compartida coa vosa nai, pai, ou irmáns..., e incluso podedes engadir outros elementos: disfraces, monicreques, debuxos...

Unha vez que xa estea preparado, gravades en vídeo ( de arredor duns 3 minutos) a súa presentación, que podedes enviar ao seguinte enderezo:  

bibliotecaespedregada@gmail.com 

Deste xeito poderemos publicalos no blog e compartilos con toda a comunidade educativa.

Animádevos a participar!! 

Todvai saír ben! 🌈

venres, 24 de abril de 2015

Día do libro

O apadriñamento lector é unha das actividades que máis gustan aos nosos alumnos. Os padriños e as madriñas sintense moi responsables e levan a cabo a súa tarefa de xeito sobresaínte. Os afillados e afilladas escoitan moi atentos e agradecidos os contos elixidos para eles. O reparto foi o seguinte: os padriños de 5º e 6º leron aos aos de 1º. Os padriños de 4º leron aos de Infantil. E os de 3º foron os encargados de ler aos de 2º. 
   
                  

                                           
        
       

                                     
   


mércores, 23 de abril de 2014

Día do Libro

Un ano máis o apadriñamento lector foi a actividade elixida para celebrar o Día do Libro. É unha lástima que todo estivera mollado e non puidesemos estar fóra, desfrutando da lectura e da natureza ao mesmo tempo.
Logo de ler o libro, fixemos o debuxo que máis nos gustou do libro e, para rematar, intercambiamos uns marcapáxinas chulísimos, que fixemos coa profe de plástica. Un día xenial!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

  



 

Concurso Día do Libro

EN ABRIL, LECTURAS MIL!
Este mes celebrase o mes dos libros. Pero, que pasa o 23 de abril? Consegue a mellor resposta e obterás 10 Espedregadís!!
Deixa a túa resposta na bandexa da biblioteca. Tes de prazo ata o día 9 de abril.

E xa temos gañadores: Pablo Quiñones e Naim Sequera!!
Como nos resultou tremendamente difícil escoller unha soa resposta, decidimos que serían dous os gañadores, un de primaria e outro de infantil.
Moitas felicidades aos dous. Acabades de obter 10 Espedregadís!

Tamén obtiveron 5 Espedregadís todos os participantes no concurso:
Artai e Álex de 4º de Educación Infantil,
Pablo, Celeste, Lola e Gimena, de 6º de Infantil,
Uxío, Ángel, e Jose de 1º de Primaria,
Desirée e Sergio Montes de 3º de Primaria
e Claudia de 4º de Primaria.

Rematamos o concurso cunha frase que, Claudia, citou na súa resposta e que nos parece moi acertada:

"LER OU NON LER, QUE ESCOLLES TI?"



venres, 26 de abril de 2013

Lecturas polo Día do Libro


 

E así celebramos nós o Día do Libro: os maiores do cole escolleron un libro para lerlle aos seus afillados. Ao terminar a lectura, fixeron un debuxo do libro. Como remate, afillados e padriños intercambiáronse marcapáxinas. Aquí tedes todas as fotos.