O apadriñamento lector é unha das actividades que máis gustan aos nosos alumnos. Os padriños e as madriñas sintense moi responsables e levan a cabo a súa tarefa de xeito sobresaínte. Os afillados e afilladas escoitan moi atentos e agradecidos os contos elixidos para eles. O reparto foi o seguinte: os padriños de 5º e 6º leron aos aos de 1º. Os padriños de 4º leron aos de Infantil. E os de 3º foron os encargados de ler aos de 2º.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario