luns, 20 de abril de 2015

Lector de marzo: Pablo Pena

Pablo de 1º, é o noso lector do mes de marzo. Xa veredes que Pablo é un neno de poucas palabras pero todas moi clariñas. Prestade atención a esta interesante entrevista. Desde aquí, dicimos ben alto: Moitas felicidades Pablo!

LEO: Cantos anos tes, Pablo?
PABLO: 7 anos. 
LEO: Pablo, es o lector do mes de marzo. Como te sintes?
PABLO: Ben. 
LEO: É a primeira vez que es o lector do mes. Mola ou non mola?
PABLO: Sí. 
LEO: E sabes que é o que significa iso?
PABLO: Non. 
LEO: Pois significa que fuches o que máis libros leu desta biblioteca durante todo o mes de marzo.
PABLO: Vale. 
LEO: Cales son os teus libros favoritos?
PABLO: Os de Mortadelo e Filemón. Bueno, os cómic de Mortadelo e Filemón ("Todo Mortadelo y Filemón" de Francisco Ibáñez. Ediciones B. 2005). 
LEO: En que momento les, Pablo?
PABLO: Soamente polas tardes. Pola semana. 
LEO: E logo, sábados e domingos que fas, descansas?
PABLO: Sí, para xogar ao fútbol. 
LEO: E le alguén contigo?
PABLO: A avoa ou mami. Pero mami, mentres non vai a traballar. 
LEO: A avoa? E a túa avoa gústalle Mortadelo?
PABLO: Si. 
LEO: E unha pregunta. Les ti á avoa ou ti escoitas o que che le a avoa?
PABLO: ha, ha, ha. Leo eu á avoa. 
LEO: Xa me parecía... E xa que falamos deles, que son Mortadelo e Filemón?, Sabesme explicar?
PABLO: Son dous que son amigos e sempre están xuntos. 
LEO: E que fan cando están xuntos?
PABLO: Xogan ao fútbol, van en coche,...
LEO: E quen é o mellor dos dous para ti?
PABLO: Filemón porque fai moitas bromas. É máis divertido. 
LEO: Cal é o mellor libro que hai na biblioteca?
PABLO: Calquera de Os Bolechas. 
LEO: Moi ben. E outra pregunta. Ademais de coller libros, que outras cousas fas aquí?
PABLO: Coller películas e ir ao ordenador dos voluntarios para que mas presten. 
LEO:  E que películas che gustan?
PABLO: A de Spidermann e a de Ironmann. 
LEO: Carambas, Pablo. Esas son as máis novas que temos na biblio. E xa as viches!
PABLO: Sí. 
LEO: Algunha cousa máis que queiras dicir?
PABLO: Non. 
LEO: Moi ben, Pablo. Pois en pouquiños días, xa poderás ver a túa entrevista no blogue da biblioteca. Chao!

Ningún comentario:

Publicar un comentario