Estas son algunhas das publicacións que se fixeron ao longo do curso enmarcadas en diferentes actividades programadas no centro: Normalización, Hora de ler...
Despois dunha semana de intensos de preparativos chegou o Día. Como podedes observar no Programa de actuacións,participaron tod@s os alumn@s do colexio onde a poesía foi a máxima protagonista con pinceladas de arte, toques de música e moita literatura.
Dentro das actividades programadas para celebrar a " Semana do Libro e a lectura" temos que salientar a preparación dunha exposición fotográfica de obras de arte onde o libro é o tema principal.
A exposición leva por título: "Arte con libros" e ao longo desta semana, os alumn@s, acompañados polos titores-as visitaron a exposición coa axuda dunha Guía explicativa; despois debían elexir un título a cada unha das trece láminas. Posteriormente, rotularanse xunto co título orixinal dos autores, os máis creativos.
Momentos de lectura dos máis pequenos do cole na Hora de ler.
Esta actividade estase levando a cabo este curso por primeira vez con moi boa acollida por parte da comunidade escolar.
Os nen@s disfrutan da lectura despois dos recreos, nesta media hora aproveitamos para tomar un respiro e relaxarnos un pouquiño sumerxíndonos de cheo nos libros.
A través deste traballo sobre a gastronomía galega no que todos participamos , tanto na busca de información en diversas fontes, coma no tratamento da mesma (realizando resumes , facendo a montaxe...) queremos sinalar a importancia que a gastronomía ten para as culturas e, en concreto, para a nosa, xa que a calidade dos produtos e o xeito de preparalos fan que a cociña galega sexa valorada e recoñecida mundialmente. Podemos resumir este traballo cun lema: "Un pracer saudable para os sentidos".