Aquí tedes algún dos últimos libros mercados para a biblio. Desexamos que vos gusten. Algúns deles xa están emprestados!
- Te quiero e Mamá maravilla de Elen Lescoat. Ediciones Jaguar.
- Te amo de Laura Rapelli. Ediciones Jaguar.
- Besos besos de Selma Mandine. Ediciones Jaguar.
- O homiño de papel de Fernando Alonso. Editorial Everest (Premio Nacional de Literatura, 1979).
- Los monstruos no existen de Kerstin Schoene. Ediciones Jaguar.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
mércores, 20 de marzo de 2013
mércores, 13 de marzo de 2013
Semana da prensa
Esta semana, do 11 ao 15 de marzo, celebramos a Semana da Prensa no centro. Aprendemos as distintas partes dunha noticia, coñecemos as distintas seccións dun xornal e analizamos os contidos dos distintos diarios.
Este ano, eliximos os seguintes xornais: La voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Expansión, Marca, Sport, El Mundo e El Correo Gallego. Así como outros xornais dixitais, como De luns a vernes.
Este ano, eliximos os seguintes xornais: La voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Expansión, Marca, Sport, El Mundo e El Correo Gallego. Así como outros xornais dixitais, como De luns a vernes.
xoves, 7 de marzo de 2013
Talleres de maxia Abracadabra
A Concellería de Cultura de Poio
presenta unha nova actividade dentro do programa anual de Dinamización da
Biblioteca Pública Municipal.
Tratase dun taller de maxia para nenos e nenas maiores de seis anos. Poderán coñecer, entre outros, os trucos da maxia.
Levarase a cabo, na Biblioteca Municipal, o martes día 12 e o mércores 13 ás 17.30 horas. Non precisa inscrición previa e a participación é totalmente gratuíta.
mércores, 6 de marzo de 2013
Salón do Libro
![]()
| |
Xa está en marcha a XIV Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este ano leva por título A TODA MÁQUINA!
As exposicións e instalacións permanecerán abertas, ao público en xeral, ata o 23 de marzo, co seguinte horario: de lunes a venres de 17.00 a 20.30 horas; sábados e domingos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
venres, 1 de marzo de 2013
Lectora do mes: Fátima Barciela
Fátima González é a nosa lectora do mes de febreiro!!
Un de cada tres libros emprestados na biblioteca este mes, foi collido por Fátima ou pola súa mami. Desde aquí, queremos felicitalas e animalas a seguir lendo moito.
A nosa protagonista está en 5º de Educación Infantil e aquí tedes a súa entrevista:
LEO: Olaaa!! Como te chamas?
FÁTIMA: Fátima Moreira Barciela.
LEO: E cantos anos tes Fátima?
FÁTIMA: Fátima Moreira Barciela.
LEO: E cantos anos tes Fátima?
FÁTIMA: Catro.
LEO: En que curso estás?
LEO: En que curso estás?
FÁTIMA: En el de Infantil.
LEO: E como se chama a túa profe?
FÁTIMA: Ana.
LEO: E como se chama a túa profe?
FÁTIMA: Ana.
LEO: Cales son os libros que máis che gustan Fátima?
FÁTIMA: Os libros máxicos e os de terror.
LEO: Os libros máxicos! mmm... e cales son eses libros máxicos?
FÁTIMA: Os que trae a profe.
LEO: E de todos os libros que hai na biblio, cal é o teu preferido?
FÁTIMA: O de Spiderman. Estaba o outro día enriba da mesa que eu o vín.
LEO: Que libro estás lendo agora?
FÁTIMA: "Pos" no me acuerdo. Algo de Xan...("Os oficios de Xan" de Antonio Rubio. Editorial Kalandraka)
LEO: Que cousas fas na biblio?
FÁTIMA: Buscar contos que me gustan na estantaría vermella, ler,...
LEO: Gústache ler Fátima?
FÁTIMA: Sí.
LEO: É bo ou malo ler moito?
FÁTIMA: Aprendes moitas cousas... ben.
LEO: Moitas grazas Fátima e moitas felicidades. Pronto verás a túa entrevista colgada no taboleiro de novidades e tamén na web da biblio. Chao!!
FÁTIMA: Chao.
LEO: Os libros máxicos! mmm... e cales son eses libros máxicos?
FÁTIMA: Os que trae a profe.
LEO: E de todos os libros que hai na biblio, cal é o teu preferido?
FÁTIMA: O de Spiderman. Estaba o outro día enriba da mesa que eu o vín.
LEO: Que libro estás lendo agora?
FÁTIMA: "Pos" no me acuerdo. Algo de Xan...("Os oficios de Xan" de Antonio Rubio. Editorial Kalandraka)
LEO: Que cousas fas na biblio?
FÁTIMA: Buscar contos que me gustan na estantaría vermella, ler,...
LEO: Gústache ler Fátima?
FÁTIMA: Sí.
LEO: É bo ou malo ler moito?
FÁTIMA: Aprendes moitas cousas... ben.
LEO: Moitas grazas Fátima e moitas felicidades. Pronto verás a túa entrevista colgada no taboleiro de novidades e tamén na web da biblio. Chao!!
FÁTIMA: Chao.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
