xoves, 17 de novembro de 2016
Novidades
Xa tedes aquí algunhas das novidades do primeiro trimestre. Scoobydoo, Alicia en el país de las maravillas, Los descendientes,... Sé o primeiro en lelos!

mércores, 9 de novembro de 2016
Club de lectura: familias
Este venres comezará o III Club de lectura para as familias do CEIP Espedregada. Tras as lecturas compartidas de"Rebelión en la granja" de George Orwell, e "Yo, robot" de Isaac Asimov, mergullámonos agora nas palabras escritas por Berhard Schlink en "El lector".
Der Vorleser (no seu título orixinal) é unha novela alemá traducida a máis de trinta idiomas. Soamente en Alemaña vendéronse máis de medio millón de exemplares. Cunha temática do máis complexa e delicada, non exenta de críticas, agardamos que as lectoras do noso club disfruten moito desta obra.
As reunións serán os venres ás 16.30 horas na biblioteca do centro.

Etiquetas:
Club de lectura,
Obradoiros
martes, 8 de novembro de 2016
Lector de Outubro: Carlota Calvo
Xa estamos de volta! A primeira lectora deste curso é unha super lectora... chiváronme que lle encanta ler! Debe ser algo familiar porque a súa irmá tamén "debora" libros a todas horas.
Imos coñecer a esta super campioa!
Imos coñecer a esta super campioa!
LEO: Como te chamas?
CARLOTA: Carlota.
LEO: Cantos anos tes?
CARLOTA: 3 (sinalando tamén coa man). Lola 8.
LEO: E sabes dicirme o nome da túa profe?
CARLOTA: Iria.
LEO: Dixéronme que vés moito por aquí. Con quen vés á biblioteca?
CARLOTA: Con mamá e con Lola.
LEO: E que fas na biblioteca?
CARLOTA: Collendo libros.
LEO: Que libros colles?
CARLOTA: O de Pepa, o da ra, o de Papá Noel,...
LEO: EnsÍnasme onde están?
CARLOTA: Collín éste ("El lobo" de Kimiko. Editorial Corimbo). E vou a coller este ("Se me mueve un diente" de Miriam Moss e Joanna M. Editorial Serres). Pero tamén quero este (DVD: "Cantajuegos 6". Juegos musicales. Sony Music). Vou velo.
LEO: Que libro foi o que máis che gustou? (de repente, ponse a ordear todos os libros e DVD).
CARLOTA: Este? ("Carlota e o príncipe azul" de Ana Pillado Vega. Editorial A NOSA TERRA).
LEO: Este é o que máis che gusta? Chámase coma ti a prota...
CARLOTA: Non, este ("O robot Internot" de Ángels F. Editorial Combel).
LEO: Cales son os libros que máis che gustan?
CARLOTA: Este...non, este non que é de meigas ("Winnie the witch" de Korky Paul e Valerie Thomas. Editorial Oxford).
LEO: De meigas non, vale. De princesas gústanche?, de animais?, de policías?, ...
CARLOTA: De princesas.
LEO: E cal é a a princesa máis guai de todas?
CARLOTA: Azul.
LEO: Como é Azul?
CARLOTA: É de vermello, de amarelo, de verde e de azul.
LEO: Ah. Ok. Que leva posto a túa princesa?
CARLOTA: Ten un vestido con tacóns e é así (ponse na punta dos pés e camiña como se tivese uns zapatos cuns enormes tacóns).
LEO: Que guai. Encántame a túa princesa.
CARLOTA: Eu quero apuntar (colle un boli e ponse a escribir nun folio).
LEO: Xa anotaches todo, Carlota? Recorda que temos que facer a foto para a poñer na túa entrevista. Busca un sitio para facer a foto.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)