Que tal vos vai amiguiños?
Un ano máis as mochilas viaxeiras chegan ás vosas casas, nesta ocasión de luns a venres, para
ofrecervos unha selección de material escrito e
audiovisual, para toda a familia. Iso si, con todas as medidas necesarias para gozar con elas de forma segura nos vosos fogares.
Con esta actividade pretendemos reforzar o vínculo entre familia e escola, no labor común da formación dos nosos lectores/as. Permítenos tamén fortalecer outras destrezas e competencias: escribir, contar, escoitar... Como ben sabedes ler é unha experiencia única e irrepetible.
 |
KATIA 2º EP
|
Antes de usar os materiais que contén a mochila, seguindo as recomendacións sanitarias, é recomendable que hixienicedes as mans (con auga e xabón
ou xel hidro -alcohólico). Non
poderedes compartir os materiais da mochila con ningunha persoa fóra da vosa familia.
 |
SARA E.I.
|
As mochilas levan un material fixo,
o cal é seleccionado previamente polo profesorado do centro atendendo a criterios pedagóxicos e
didácticos. Haberá unha listaxe de todo o
material para que comprobedes, antes da súa devolución, que contén todos os
materiais e están en perfecto estado.
 |
ADRIANA 3º EP |
No caderno de bitácora (diario de viaxe), podedes expresar ideas, debuxos, traballos,
resumos... que xurdan ao redor do material que vos chega. Deste xeito, tedes a posibilidade de compartilo co resto de compañeiros/as, léndoos na aula.
 |
ÁLEX 5º EP
|
Os vosos/as compañeiros/as están entusiasmados ao recoller as súas mochilas. As imáxenes falan por si mesmas.
 |
LOLA E.I.
|
Os pequerrechos de Infantil tamén puideron gozar de boas lecturas coas bolsiñas viaxeiras. Mirade que olliños de alegría!!
Agardo moi expectante a que escribades as vosas opinións, debuxos, fotos, colaxes... en fin as vosas creacións!! Como premio obteremos o noso libro viaxeiro que nos fará medrar xuntos.Biquiños!!
A Fada Acaramelada.
Todo vai saír ben! 🌈