Ola de novo amiguiños!
Queredes saber en que consiste? Aquí tendes toda a información.
Os traballos realizaranse nas aulas cos vosos profes.
Para poder participar, os alumnos/as de E. I e 1º-2º de Primaria, empregaredes a seguinte folla.
No caso dos alumnos/as de 3º a 6º , utilizaredes esta outra folla para describir como é a vosa biblioteca do colexio. Os vosos relatos teñen que estar escritos en galego ou castelán e a extensión máxima será desta folla por unha soa cara.
Os nomes dos gañadores daranse a coñecer o venres, día 23 de outubro. Ademais haberá outras sorpresas que estou preparando para vós!! Non podedes faltar!!!
Mentres tanto aquí vos deixo a poesía " A biblioteca escolar" para que a vaiades aprendendo.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
O
día das bibliotecas é un día moi especial no CEIP Espedregada. É unha data que esperamos
con moita ilusión, xa que damos a
coñecer o proxecto que imos a traballar durante o curso.
"A volta ao mundo da Fada Acaramelada"
O día 23, comezamos
a xornada lendo unha invitación que enviei ás distintas aulas. Nela convidaba
aos nenos e nenas do colexio a participar nunha viaxe marabillosa, coma xa
fixera Phileas Fogg na súa “Volta ao mundo en 80 días”.
Para poder emprender a súa viaxe, fíxelles chegar os seus pasaportes, os cales teñen que levar consigo cando
visiten a biblioteca para rexistrar os libros que van lendo de cada continente.
A
continuación, déronse a coñecer os nomes dos gañadores/as do concurso: Que é unha biblioteca para ti?
En Infantil, Alana Paz proclamouse
vencedora co seguinte debuxo da súa visión da biblioteca escolar.
Na aula de primeiro e segundo, unha
vez máis, foi Celia Galiano quen resultou gañadora.
Debuxaches unha biblioteca con todo luxo de detalles, moi ben!!
Na
categoría de redacción, os gañadores de cada aula foron:
Xabier Guerra
de 3º curso de EP
Fery
Ruano de 5º de EP
Candela
Da Silva de 6º EP
Parabéns a todos/as!!
Despois,
o alumnado das diferentes aulas, cantaron a canción: "A biblioteca escolar". Que
ben o fixeron!! Aquí vos deixo os vídeos das súas actuacións:
Alumnado de 1º/2
Alumnado de 3º
Alumnado de 4º /5º
Alumnado de 6º
Por
último, quixen agasallar aos meus queridos lectores e lectoras cun libro para
que o incorporen a súa propia biblioteca de lecturas. Fixádevos
que contentos están!!
 |
Alumnado de EI
|
 |
Alumnado de 3º EP
|
 |
Alumnos de 5º EP
|
Foi
un día inesquecible!!
A Fada Acaramelada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario