Ola a todos/as!!
Como xa é tradición no noso cole, celebramos Samaín convocando un concurso literario con micro- relatos de medo que tanto vos gustan.
Premede na imaxe e veredes toda a información!!
Ola a todos/as!!
Como xa é tradición no noso cole, celebramos Samaín convocando un concurso literario con micro- relatos de medo que tanto vos gustan.
Premede na imaxe e veredes toda a información!!
Ola de novo amiguiños!
"A volta ao mundo da Fada Acaramelada"
Na aula de primeiro e segundo, unha vez máis, foi Celia Galiano quen resultou gañadora.
Debuxaches unha biblioteca con todo luxo de detalles, moi ben!!
Na
categoría de redacción, os gañadores de cada aula foron:
Despois,
o alumnado das diferentes aulas, cantaron a canción: "A biblioteca escolar". Que
ben o fixeron!! Aquí vos deixo os vídeos das súas actuacións:
Alumnado de 3º
Alumnado de 4º /5º
Alumnado de 6º
Por último, quixen agasallar aos meus queridos lectores e lectoras cun libro para que o incorporen a súa propia biblioteca de lecturas. Fixádevos que contentos están!!![]() |
Alumnado de 3º EP |
Todo vai saír ben! 🌈
Que tal vos vai amiguiños?
Un ano máis as mochilas viaxeiras chegan ás vosas casas, nesta ocasión de luns a venres, para ofrecervos unha selección de material escrito e audiovisual, para toda a familia. Iso si, con todas as medidas necesarias para gozar con elas de forma segura nos vosos fogares.
Con esta actividade pretendemos reforzar o vínculo entre familia e escola, no labor común da formación dos nosos lectores/as. Permítenos tamén fortalecer outras destrezas e competencias: escribir, contar, escoitar... Como ben sabedes ler é unha experiencia única e irrepetible.
![]() |
KATIA 2º EP |
ADRIANA 3º EP |
No caderno de bitácora (diario de viaxe), podedes expresar ideas, debuxos, traballos, resumos... que xurdan ao redor do material que vos chega. Deste xeito, tedes a posibilidade de compartilo co resto de compañeiros/as, léndoos na aula.
![]() |
ÁLEX 5º EP |
![]() |
LOLA E.I. |
Os pequerrechos de Infantil tamén puideron gozar de boas lecturas coas bolsiñas viaxeiras. Mirade que olliños de alegría!!
A Fada Acaramelada.
Todo vai saír ben! 🌈