MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
xoves, 25 de novembro de 2021
A NOSA LAZADA DO 25 N
25 N NA BIBLIOTECA DO CEIP ESPEDREGADA
UNHA ARMADURA CON FERRUXE
Para conmemorar o 25N hoxe tivemos no CEIP Espedregada unha función de monicreques dinámica e amena para todo o alumnado, cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.
xoves, 18 de novembro de 2021
NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Durante este mes de novembro celebraremos o mes da Ciencia na nosa biblioteca, experimentaremos coa nosa rapazada mediante o club de ciencia e prepararemos unha selección de libros que están desexando que os levedes para as vosas casas.
martes, 16 de novembro de 2021
CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN
CINE NA BIBLIO
Como este ano o noso proxecto de centro vai de cine, a nosa biblioteca convertese en tódolos recreos nunha sala cinematográfica. A estrea foi cos "sete cabritos" pero todas as semanas iremos cambiando a carteleira.























