Seguindo coa tradición, a biblioteca do CEIP Espedregada convocou o concurso de relatos de nadal para celebrar esta datas tan sinaladas. A calidade das obras presentadas tanto por parte do alumnado como das familias foi altísima pero ao final as gañadoras e gañadores son:
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
venres, 24 de decembro de 2021
CONCURSO DE RELATOS DE NADAL
xoves, 23 de decembro de 2021
BO NADAL
O equipo de Biblioteca e a Fada Acaramelada desexámosvos un Bo Nadal e que se cumpran os vosos soños.
Vémonos e xaneiro!!
luns, 20 de decembro de 2021
RECANTO DE NADAL
Pero mira que nos quedou bonito o noso recanto de nadal. Xa sabedes rapazada, se con libros sobre estas datas sinaladas quere gozar, por este recuncho da biblio tes que pasar.
AARÓN CASTRO VENCEDOR DO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
Ademais de sair gañador na súa categoría os membros do xurado tamén procederon a seleccionar a tarxeta de Aarón Castro Montes, do CEIP Espedregada para ser utilizada polo Concello de Poio para a súa felicitación institucional de Nadal.
Parabéns Aarón!
+Info en https://www.concellopoio.gal/index.php/1369-o-concurso-de-tarxetas-de-nadal-contou-coa-participacion-de-mais-de-400-mozos-e-mozas-do-municipio









