venres, 6 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA!

Semana do 9 ao 13 de marzo 2026

A "Semana da Prensa na Escola" está promocionada por "La Voz de Galicia". Nós estamos no PROGRAMA PRENSA-ESCOLA, polo que participamos no CONCURSO do mural que nos propoñen, e esperamos que veña un xornalista a darlles unha charla ao alumnado de 3º a 6º de Primaria.

Durante todo o curso, na HORA DE LER dos mércores, traballamos cos XORNAIS que nos proporciona este programa, pero, durante esta semana, acercámonos a todo tipo de prensa. 

Animádevos a premer na imaxe!



domingo, 15 de febreiro de 2026

PRENSA

 

Para ler os xornais da nosa contorna (Pontevedra, Vigo, Santiago e o Salnés)...
Preme nos LOGOS!


O único xornal en GALEGO.















23 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Sabías que...? 

Rosalía é recordada por publicar a primeira grande obra impresa en galego, “Cantares Gallegos” (publicada o 17 de maio de 1863, data que marca o Día das Letras Galegas), e por ser unha das precursoras da poesía española.

<<Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben.>>

"La hija del mar", 1859

Preme na páxina web da FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

            Nestas ligazóns, tamén podes atopar RECURSOS, para acercarte á figura de Rosalía de Castro:




E premendo AQUÍ, podes ver o traballo que fixeron os vosos compañeiros do cole, hai uns aniños, acerca da BIOGRAFÍA DE ROSALÍA.

E o realizado co POEMA "MIÑA CASIÑA, MEU LAR".



María Rosalía Rita de Castro, máis coñecida como Rosalía de Castro, naceu en Santiago de Compostela, o 23 de febreiro de 1837.

Rosalía era filla dunha fidalga de familia nobre, e dun cura; por este último motivo, estaba rexistrada como filla de pais descoñecidos, e viviu con Teresa, a súa tía paterna, ata os oito anos, nunha pequena vila da Coruña. 
 
Alí, coñeceu de preto os traballos rurais, as crenzas, as tradicións e o máis importante: a lingua galega.

Con trece anos, trasladouse coa súa nai a Santiago de Compostela, e comeza unha nova etapa completamente diferente á anterior, na que recibe clases de música e debuxo, algo máis visto polas señoriñas da época. 
Ademais, comezou a asistir a eventos culturais nos que tomou contacto, por primeira vez, co mundo da escritura.
Tras 6 anos na capital galega, trasládase a Madrid, e coñeceu a un escritor famoso chamado Manuel Murguía, e comezaron a saír. Aos vinte e un anos, casou con el: o 10 de outubro do ano 1858.

Tivo sete fillos :

-Alejandra, en 1859
-Aura, en 1868
-Gala e Ovidio, xemelgos, en 1871
-Amara, en 1873
-Adriano, en 1875
-Valentina, en 1877 (aínda que naceu morta ).

A súa adolescencia estivo marcada por unha  crise de vida tralo descobremento de ser filla ilexítima, e por unha delicada saúde que xamais mellorou.

As súas obras máis importantes son :

-”Cantares Gallegos” (1863), obra da historia do pobo galego.
-”Follas Novas” (1880), que foi o seu último poemario.

E, en castelán, habería que salientar “En las Orillas del Sar” (1884).

Nos seus últimos anos, rezuma ansiedade e angustia ante estraños presentimentos.

Finalmente, morre por cancro uterino, aos 48 anos, en Padrón, o 15 de xullo de 1885.


Coñeces o poema "Negra Sombra"? É fermosísimo!

A dor, a perda, a negrura. O umbrío da alma galega reflectido nestes versos.

Premendo AQUÍ, podes ver a LUZ CASAL, interpretando este marabilloso poema musicado, xunto á Real Filharmonía de Galicia. 

"Negra Sombra", de Rosalía de Castro

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa. 

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa. 

Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás, e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca...,
sombra que sempre me asombras.




venres, 13 de febreiro de 2026

ENTROIDO

Sabías que...? 

A palabra entroido procede do latín ĬNTRŎĬTU, que significa literalmente ‘ENTRADA’.  É un período liminal entre a morte simbólica da natureza invernal e o comezo da fertilidade primaveral.

E, como en tódalas datas liminais, dáse unha inversión simbólica da orde social.

O domingo de Entroido fíxase no calendario sete semanas antes do domingo de Pascua, que é o inmediatamente posterior á primeira lúa chea tralo equinoccio de primavera. Polo tanto, cada ano varía a data desta festa. 

A palabra entroido presenta numerosas variantes segundo as zonas de Galicia:

entroido    antroido    entroiro    entruido    entrudio    entrudo

Velaquí os nosos LIBROS SOBRE O ENTROIDO!

E aquí os nosos MANDADOS DE ENTROIDO!


Para coñecer máis sobre o Entroido, podes visitar as páxinas AS CHAVES DA LINGUA, GCIENCIA, ORGULLO GALEGO (preme nelas!)

As figuras de Entroido non son simples disfraces, senón que representan diferentes elementos da historia, da cultura e das crenzas populares de Galicia. 

O Entroido galego non é só unha festa, é unha expresión de identidade que sobreviviu a diferentes momentos históricos.

O Entroido galego é dos máis antigos de Europa (probablemente, o máis antigo), e é famoso polas súas máscaras, cada unha cun traxe, un comportamento e un significado propio.

Algunhas das figuras máis famosas son:


Pantallas de Xinzo de Limia




Cigarróns de Verín




Peliqueiros de Laza




Boteiros de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso



Oso de Salcedo (Pobra do Brollón)


Algo tamén moi importante nestas datas é a GASTRONOMÍA. Que che gusta máis?


Cocido


Algúns doces de Entroido: orellas, flores e filloas.


xoves, 12 de febreiro de 2026

QUE TEÑEN QUE VER SAN VALENTÍN, AS LUPERCAIS ROMANAS, O IMBOLC CELTA E MAILA CANDELORIA?

Sabías que...? 

A LÚA CHEA xusto entre o SOLSTICIO DE INVERNO e o EQUINOCCIO DE PRIMAVERA foi considerado, dende hai milleiros de anos, un punto de inflexión no período invernal. 

No IMBOLC celta, nas LUPERCAIS romanas, ou na actual CANDELORIA, invocamos a chegada do deus SOL, a trravés do simbolismo do LUME.

Ademais, este momento liminal marca o punto de partida, para o RETORNO DA FERTILIDADE á natureza. Hai REFRÁNS POPULARES que fan referencia a este feito. 

As PROCESIÓNS DA VIRXE DA CANDELORIA son un exemplo perfecto de SINCRETISMO entre as tradicións pagás (o Imbolc celta asociado á deusa do lume BRIGIT) e a devoción católica.

Por iso, moi preto destes rituais propiciatorios do sol e da fertilidade, situaron SAN VALENTÍN: sacerdote cristián que, en tempos do Imperio Romano, celebraba vodas secretas e prohibidas entre os soldados que ían espertando á luz da nova fe. 

 


Na páxina web de O PORTAL DA LINGUA GALEGA da Xunta, podemos ver distintas propostas e informacións acerca da festa da Candeloria. 

Do mesmo xeito, tamén podemos atopar un artigo sobre a Candeloria no portal AS CHAVES DA LINGUA. E, neste mesmo portal, mergullémosnos no Amor, cun artigo sobre a famosa herba de namorar. 
Coñecíala? 

Velaquí o noso recuncho do Amor!



martes, 10 de febreiro de 2026

11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Sabías que...? 💡

O avance científico e tecnolóxico non sería posible sen a contribución das mulleres, cuxo traballo e dedicación resultan fundamentais para o desenvolvemento da sociedade actual. 

O obxectivo desta iniciativa é darlles VISIBILIDADE ÁS MULLERES INVESTIGADORAS, fomentar VOCACIÓNS CIENTÍFICAS ENTRE AS NENAS, e establecer referentes femininos no ámbito da I+D (INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO), contribuíndo así á construción dun futuro máis igualitario. 

A Universidade de Vigo estableceu un programa de actividades, co gallo desta conmemoración.

Velaquí o noso recuncho temático!



venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN (CASTELAO E SIRO LÓPEZ)


30 DE XANEIRO


O 30 de xaneiro é unha data moi especial, para nós, porque non só conmemoramos o ¨DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ¨ senón que as bibliotecas de Galicia tamén celebramos o "DÍA DA ILUSTRACIÓN",  que, cada ano, celebra a CASTELAO

Ademais, dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e especificamente dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, adícase, cada ano, esta data a un persoeiro relacionado con esta arte. Este ano, 2026, o homenaxeado é o caricaturista SIRO LÓPEZ. 

Velaquí o VÍDEO CONMEMORATIVO!
 (preme no nome)


Aquí podes ver o noso RECUNCHO (aínda que xa voaran algúns libros!)



En colaboración co CONCELLO DE POIO, embarcámonos na actividade proposta.

Velaquí a publicación da actividade, na "VOZ DA SERPE" (preme, para velo!).

"AS TETEPAZ: AS TETEIRAS DA PAZ QUE FAN COMUNICACIÓN "

O obxectivo foi dar valor á comunicación entre as persoas. Nun mundo onde, a miúdo, nos sentimos desconectados e illados, é importante lembrar que a comunicación é fundamental para construír pontes e fortalecer as nosas relacións.

Eliximos as teteiras como símbolo desa comunicación. Compartimos os nosos pensamientos, sentimentos, historias, risos e ata experiencias nun momento de tranquilidade.

As teteiras son a excusa para xuntarnos e compartir.... Cada teteira vén sendo o corazón de cada persoa que enchemos da calor das emocións e pensamentos, e logo, servímola aos demais, facilitando a comunicación. Non só se trata de falar, senón tamén de escoitar, observar, entender e ser persoas empáticas.

Tomar té axúdanos a relaxarnos e a calmar a nosa mente e corpo.... É un xeito de desconectar deste mundo tolo. Ese momento de calma propicia a lembranza das cosas boas que pasan na vida, e valorar a fortuna que temos por ter todo o que necesitamos. Espertamos e cultivamos a actitude de agradecemento e de valorar as pequenas cosas que nos dan felicidade.

Beber o té da paz renovará a nosa enerxía e fará que nos sintamos máis vitais. Esa é precisamente a sensación que máis necesitamos, porque, neste mundo, hai moitas cousas que precisan un cambio urxente. E nós, novos e maiores, somos a voz e a acción para provocar ese cambio que o mundo necesita.

Tamén, realizamos un mural: "A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS" (xa aparece na VOZ DA SERPE).