MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
domingo, 15 de febreiro de 2026
PRENSA
23 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía é recordada por publicar a primeira grande obra impresa en galego, “Cantares Gallegos” (publicada o 17 de maio de 1863, data que marca o Día das Letras Galegas), e por ser unha das precursoras da poesía española.
venres, 13 de febreiro de 2026
ENTROIDO
Sabías que...?
A palabra entroido procede do latín ĬNTRŎĬTU, que significa literalmente ‘ENTRADA’. É un período liminal entre a morte simbólica da natureza invernal e o comezo da fertilidade primaveral.
E, como en tódalas datas liminais, dáse unha inversión simbólica da orde social.
O domingo de Entroido fíxase no calendario sete semanas antes do domingo de Pascua, que é o inmediatamente posterior á primeira lúa chea tralo equinoccio de primavera. Polo tanto, cada ano varía a data desta festa.
A palabra entroido presenta numerosas variantes segundo as zonas de Galicia:
entroido antroido entroiro entruido entrudio entrudo
Velaquí os nosos LIBROS SOBRE O ENTROIDO!
E aquí os nosos MANDADOS DE ENTROIDO!
Para coñecer máis sobre o Entroido, podes visitar as páxinas AS CHAVES DA LINGUA, GCIENCIA, ORGULLO GALEGO (preme nelas!)
As figuras de Entroido non son simples disfraces, senón que representan diferentes elementos da historia, da cultura e das crenzas populares de Galicia.
O Entroido galego non é só unha festa, é unha expresión de identidade que sobreviviu a diferentes momentos históricos.
O Entroido galego é dos máis antigos de Europa (probablemente, o máis antigo), e é famoso polas súas máscaras, cada unha cun traxe, un comportamento e un significado propio.
Algunhas das figuras máis famosas son:
xoves, 12 de febreiro de 2026
QUE TEÑEN QUE VER SAN VALENTÍN, AS LUPERCAIS ROMANAS, O IMBOLC CELTA E MAILA CANDELORIA?
martes, 10 de febreiro de 2026
11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O avance científico e tecnolóxico non sería posible sen a contribución das mulleres, cuxo traballo e dedicación resultan fundamentais para o desenvolvemento da sociedade actual.
O obxectivo desta iniciativa é darlles VISIBILIDADE ÁS MULLERES INVESTIGADORAS, fomentar VOCACIÓNS CIENTÍFICAS ENTRE AS NENAS, e establecer referentes femininos no ámbito da I+D (INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO), contribuíndo así á construción dun futuro máis igualitario.
A Universidade de Vigo estableceu un programa de actividades, co gallo desta conmemoración.
Velaquí o noso recuncho temático!























.jpg)





