mércores, 11 de novembro de 2009

Novo caixón para as mochilas!!




Ola rapaces e rapazas!! Como estades??
Imaxino que ben... pero non vos esquezades de estudar moito xa que iso significa que tamén estades lendo.


Quérovos informar que unha das novidades que este ano tiñamos pensado facer por iniciativa da profe Elena (a quen se lle ocurríu esta fantástica idea) que, coa axuda dalgúns dos seus alumn@s, xa está posta en marcha.


Con esta idea: "O Caixón das Mochilas Viaxeiras" o que se pretende é que todos os martes, ao entrar no colexio, as Mochilas Viaxeiras queden con Leo para poder recolocar con tempo todo o material que levástedes para casa. É moi importante que non vos esquezades para poder levar esta actividade de xeito organizado.

Está colocado entre as portas do Comedor e a Sala de profes, onde temos o pequeno rincón da Biblioteca.

Mirade o ben que quedou!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario