xoves, 24 de decembro de 2009
Nadal de cine.
xoves, 17 de decembro de 2009
Atención ao truco!!
O mago Christyan

Era unha mañá de decembro e, de súpeto, unha nova corría polo colexio na hora do recreo:
_Vai vir un mago!! dicían algúns nenos.
_Como dis? Lles preguntaba eu... Un mago??
_Si, si, un mago, pero un mago de verdade.
_ E como se chama? Preguntei.
_Non sabemos, porque os mestres non nos dixeron nada.
_ Que caladiño o tiñan, pensei para min...deixa deixa.
_Vai vir un mago!! dicían algúns nenos.
_Como dis? Lles preguntaba eu... Un mago??
_Si, si, un mago, pero un mago de verdade.
_ E como se chama? Preguntei.
_Non sabemos, porque os mestres non nos dixeron nada.
_ Que caladiño o tiñan, pensei para min...deixa deixa.
Entón, Laura mais eu, decidimos indagar por aí. A nosa sorpresa foi que cando chegamos á Biblioteca había un cartel que anunciaba a súa actuación que dicía:
"Decubre a maxia con Christyan Magic".
Era verdade o que dicían os nen@s... co que me gusta a min a maxia e os soños.
Cando chegamos ao ximnasio, alí estaba el, cunha chaqueta negra brillante, unha música suave e todos cos ollos abertos coma pratos.
Á primeira vista e verlle os ollos, xa me gustou. Era simpático, moi gracioso e rímonos un montón coas voces que facía.
Fixo moitos trucos de maxia: o libro que cambiaba os debuxos, os discos que cambiaban de cor, o dado que voaba e, o máis impresionante, a mesa voadora...unha pasada de truco que, por máis que mirabamos por debaixo, non se vía nada de nada.
Tamén nos presentou o libro que fala del, de cando era rapaz e quería ser mago titulábase: "Atrapado na torre" Escrito por Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.
Ao final, adicounos o libro e quedou como agasallo na Biblioteca.
Moitas gracias Christian polo bo rato que pasamos xuntos!!!
Laura e Sara (5º Primaria).
mércores, 9 de decembro de 2009
Unha pequena reportaxe fotográfica.
Como falta pouquiño para rematar este trimestre, gustaríame compartir con vós uns anaquiños da "vida" da Biblioteca a través de imaxes que, como di a expresión "valen máis que mil palabras".
Sala de lectura ( Recuncho de entretenimento).
Sala de consulta (Información en rede).
Etiquetaxe de fondos (Axundantes de biblioteca).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)