xoves, 17 de decembro de 2009

O mago Christyan


Era unha mañá de decembro e, de súpeto, unha nova corría polo colexio na hora do recreo:

_Vai vir un mago!! dicían algúns nenos.


_Como dis? Lles preguntaba eu... Un mago??


_Si, si, un mago, pero un mago de verdade.


_ E como se chama? Preguntei.


_Non sabemos, porque os mestres non nos dixeron nada.


_ Que caladiño o tiñan, pensei para min...deixa deixa.



Entón, Laura mais eu, decidimos indagar por aí. A nosa sorpresa foi que cando chegamos á Biblioteca había un cartel que anunciaba a súa actuación que dicía:

"Decubre a maxia con Christyan Magic".



Era verdade o que dicían os nen@s... co que me gusta a min a maxia e os soños.


Cando chegamos ao ximnasio, alí estaba el, cunha chaqueta negra brillante, unha música suave e todos cos ollos abertos coma pratos.

Á primeira vista e verlle os ollos, xa me gustou. Era simpático, moi gracioso e rímonos un montón coas voces que facía.


Fixo moitos trucos de maxia: o libro que cambiaba os debuxos, os discos que cambiaban de cor,
o dado que voaba e, o máis impresionante, a mesa voadora...unha pasada de truco que, por máis que mirabamos por debaixo, non se vía nada de nada.


Tamén nos presentou o libro que fala del, de cando era rapaz e quería ser mago titulábase: "Atrapado na torre" Escrito por Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.

Ao final, adicounos o libro e quedou como agasallo na Biblioteca.

Moitas gracias Christian polo bo rato que pasamos xuntos!!!

Laura e Sara (5º Primaria).


Ningún comentario:

Publicar un comentario