luns, 24 de maio de 2010

Club de lectura "Leo, leo 1"

Este curso o Club de lectura do 1º ciclo estivemos a ler un libro de poesía titulado: "De la A a la Z con Don Quijote".
Escribiuno un mozo que se chama Rafael Cruz Cantarini e ten poesías do Quixote e da historia das súas aventuras.

Os poemas están ordenados alfabéticamente segundo o seu título.
Os protagonistas son Don Quixote, Sancho, Rocinante e Aldonza, máis coñecida por Dulcinea.

No Club de lectura do noso colexio, aprendemos as poesías de memoria para despois recitalas no Día do libro que, por certo, fixémolo moi ben.

Este libro gústame moito porque os poemas son moi "guais" e o que máis me gusta é o que fala de Rocinante que era o cabalo de Don Quixote.

Miguel 2º Curso


1 comentario:

  1. profeeeeeeeeeeeeee!xD q ricos:)pero maña xa empezamos nos e non cabamos os traballos!xDDchaooooo!:)

    ResponderEliminar