martes, 22 de xuño de 2010

E chegou o día!!!


Ola nen@s!! Son Leo:

Arestora moitos de vós xa estades disfrutando dunhas merecidísimas vacacións. Despois de tantos días de traballo e esforzo, de alegrías e bos ratos, supoño que estabades desexando que este día chegara; pois ben, xa está aquí!!!






Agora temos tempo para descansar, estar cos amig@s, pasear, viaxar, ir á praia e infinidade de cousas máis.



Pensade tamén que na lectura e nos libros podemos atopar fermosas historias que nos poden facer pasar bos ratiños e, incluso, transportarnos a lugares lonxanos viaxando co poder da imaxinación.




















Así que non vos esquezades de ler moito: libros, revistas, guías de viaxe, letreiros, carteis... todo vale se se aprende algo.



Moitas gracias a tod@s os que nos seguistes e participastes coas vosas opinións; un bico especial a Nerea que sabemos que é a nosa seguidora "number one", outro para a profe Montse e aos alumn@s de 3º, tamén para Loly (nai de María) polo seu apoio, a Pracer (coordinadora da Biblioteca de Salcedo) polo seu ánimo e agarimo, ao Equipo da biblioteca e o tod@s os mestr@s e alumn@s que participaron nas actividades que se programaron durante este curso 2009-10.

Apertas e bicos a tod@s e a pasalo ben!!

1 comentario:

  1. profee ! gracias polo de number one agradezocho moito !o encerado quedou moi ben sabes eque tamen o fixemos 5º e 6º e esooo e moito xa por que somos os mellores
    un bico e boas vacacions !

    ResponderEliminar