Educación Infantil:
TÍTULO: Un
libro
AUTOR: Herve
Tullet
EDITORIAL: Kókinos
O autor, licenciado en Belas Artes, invitanos a xogar
coas súas ilustracións e a ver o libro dun xeito moi distinto ao que estamos
acostumados. Trátase dun libro interactivo que comeza coa seguinte instrución:
“pulsa sobre o círculo amarelo”...

1º ciclo de Educación Primaria:
TÍTULO: Unha casa a medida
AUTOR: Daniela Kulot
EDITORIAL: Kalandraka
Daniela Kulot é unha recoñecida pintora, ilustradora e
deseñadorae, desde 1999, tamén é profesora de debuxo.
Os protagonistas son unha parella atípica de namorados
que deciden ir vivir xuntos. Con un pouco de enxeño e grandes doses
de humor terán que vencer os problemas resultantes da convivencia. A tolerancia, a familia e o respecto son algúns dos
valores que se traballan neste libro.
TÍTULO: El fantasma que odiaba las matemáticas
AUTOR: Rafael Ortega de la Cruz
EDITORIAL: Nivola
O autor, mestre, decidiu escribir varios libros sobre as
matemáticas para facelas máis amenas e divertidas para os alumnos. Neste caso,
a protagonista é Lucía, unha nena de
sete anos, que odia as matemáticas. Unha noite escoitauns choros na súa habitación e decide investigar dentro
do seu armario. Alí descubre a Bruno...

TÍTULO: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
AUTOR: Chema Heras (texto) e Kiko Dasilva (ilustracións)
EDITORIAL: Kalandraka
Chema Heras é profesor de inglés en Cambados.
Este conto é un
atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno acerca deste
acontecemento tan especial.
O pai de Martiño
avisarao de que “os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están
durmidos” pero a medianoite a Martiño entráronlle unhas enormes ganas de
mexar…
2º ciclo de Educación Primaria:
AUTOR: Xulio Gutiérrez (texto) e Nicolás Fernández (ilustracións)
EDITORIAL: Kalandraka
X.Gutiérrez é profesor e autor de máis de vinte libros sobre natureza.
X.Gutiérrez é profesor e autor de máis de vinte libros sobre natureza.
Nacer é un libro ameno e de grande atractivo visual no que o autor, ofrece información
dosificada de diversos animais como o cabaliño de mar ou o bonobo. Nacer é o segundo volume desta colección
de animais extraordinarios.
TÍTULO: Los despistes de Spider
AUTOR: Alan Durant
EDITORIAL: Alfaguara
Spider está demasiado ocupado soñando. Coa súa mente ocupada, sempre vai dous pasos por detrás dos seus amigos. Sen embargo, ten un especial talento xogando ao fútbol ou na obra de teatro do colexio.
3º ciclo de Educación Primaria:
TÍTULO: Rita y el secreto de la piedra negra
AUTOR: Mikel Valverde
EDITORIAL: Macmillán
Rita atópase nunha expedición en Libia cando unha serpe
pica aún dos seus compañeiros. Como non teñen menciñas, deciden buscar un
remedio natural. A partir de aquí comeza unha apasionante viaxe por África na
cal non faltará o humor, a solidariedade e a ambición.
Valverde, licenciado en Belas Artes, é o autor e
ilustrador desta colección chamada El mundo de Rita.
TÍTULO: Querido hijo: estás despedido
EDITORIAL: Alfaguara
Pode unha nai despedir ao seu fillo? Pois iso é o que lle
ocorreu a Miguel por desordenado, traste e desobediente. De nada serven as
promesas, Miguel deberá abandonar a súa casa en menos de trinta días.
TÍTULO: Contos por teléfono
AUTOR: Gianni Rodari
EDITORIAL: Kalandraka
Obra maxistral de Gianni Rodari (político, pedagogo e profesor italiano de fama mundial) composta por setenta relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente. PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario