
O Concello de Allariz propón un campamento de inglés con diversas actividades, do 5 ao 14 de agosto, para nenos de 8 a 16 anos.
A data límite de inscrición é o 5 de xullo. No seguinte ENLACE podedes atopar máis información.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario