MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
domingo, 24 de novembro de 2013
Magosto
Un ano máis, celebramos o Magosto no cole: primeiro participamos na carreira solidaria que todos os anos organiza Save the Children. Este curso, coa misión de recadar fondos para os nenos e nenas de Etiopía. E logo, repoñendo forzas comendo castañas. Unha vez máis, moitas gracias a todas a familias por implicarse e colaborar tan activamente nas actividades da escola.



Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario