domingo, 8 de decembro de 2013

Para as vacacións de Nadal

Ademais de descansar, ver a tele, xogar cos amigos, que podes facer estas vacacións de Nadal?
Pois, desde a biblioteca do cole, animámoste a que vaias ver o novo espectáculo dos Bolechas. Deixámosvos toda a información aquí e non esquezades comentarnos se vos gustou.

"Ola de novo amigas e amigos!
Queremos informarvos da nova xira de Nadal que nos levará por toda Galicia desde o 22 de dedembro ata o 8 de xaneiro. Trátase do espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina, un musical onde Os Bolechas queren participar nun famoso festival da canción mais, ao ser nenos, non poden. Pero eles non van achantar e acabarán por cantar as súas cancións, aínda que sexa argallando unha das súas...
O espectáculo estará o día 22 de decembro en Vilagarcía e pasará por Pontevedra (23 de decembro), Vigo (día 26), Burela (27), Santiago (30), Cangas (2 de xaneiro), Ourense (3 de xaneiro), Narón (día 4), Lugo (6), A Coruña (7) e Vilalba (8 de xaneiro).
As entradas xa están á venda en www.servinova.com e ata o 9 de decembro teñen prezo rebaixado a 10 euros. Despois custarán 12 euros.
Ademais, coa entrada poderedes obter importantes descontos nos produtos dos Bolechas que se venderán nun posto instalado o día da función en cada un dos teatros e auditorios.
Unha ocasión única para gozar de todo o Universo Bolechas este Nadal.
Saúdos,
Os Bolechas". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario