viernes, 9 de enero de 2015

Lector de decembro: Lina

E aquí está o último lector do ano, Lina!!! Noraboa!

LEO: Olaa, como te chamas e cantos anos tes?
LINA: Lina. 6 anos. 
LEO: En que curso estás, Lina?
LINA: 9. Estou en 1º. 
LEO: Como se chama o teu profe?
LINA: Mirian. 
LEO: E como se porta a profe Mirian?
LINA: Ben. 
LEO: Sabes cantos libros liches para ser a mellor lectora do mes?
LINA: Sí, 24 libros. Son moitos. 
LEO: Moitísimos. E como les tantos libros?
LINA: Porque me gusta ler e leo na tenda, sentada no sofá. A miña curmá dixo que Lina leo moi despacio pero moi ben. 
LEO: E despois de ler cubres a ficha dos Espedregadís. Como consigues tantos? Tes un montón. 
LINA: Porque me gusta traballar e pintar. 
LEO: Cales son os teus libros preferidos?
LINA: Todos. Gústanme todos. 
LEO: Pero terás un favorito...
LINA: O do osiño. É un osiño que quería ter un coelliño de peluche. Eo papá dixo qeu ía comprar un ("Polito el osito" de Brigitte Defontaine. Colección Trébol Blanco. Editorial Hemma). 
LEO: Cando le Lina?
LINA: Da mañá á noite. 
LEO: Tanto tempo? É imposible. 
LINA: Bueno, pola tarde xogo un pouquiño e logo leo. Leo un día sí e outro non. 
LEO: Ahh, vale! Así mellor. E les soa?
LINA: Leo soa. Antes me axudaba a miña curmá para ler pero logo eu soa. Co libro do Abezoo ("Abezoo. Abecedario de animales" de Carlos Reviejo. Editorial SM). 
LEO: Como levas o galego, Lina? É difícil?
LINA: Regular. Estiven coa miña curmá aprendendo pouco a pouco. Ela tamén está aprendendo. 
LEO: Iso está moi ben. E onde che gusta ler máis?
LINA: No sofá da tenda, é moi grande e cómodo. Se estás canso, quedas alí un rato e xa está. 
LEO: Queres dicir algo máis Lina?
LINA: Sí, que me encanta levar a mochila viaxeira porque podo ler, xogar cos xogos,...
LEO: Moi ben!! Pois prontiño terás a entrevista nas túas mans. Felicidades Lina! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario