venres, 12 de xuño de 2015

Lector de maio: Desi Cardoso

Aquí tedes a última lectora do curso 2014/2015: Desi Cardoso González. Moitas felicidades!!

LEO:  Bueno, bueno, bueno. Temos aquí a unha super lectora. Como te sintes?
DESI: Ben. 
LEO:  Díxome un paxariño que estabas un pouco picada. Por que?
DESI: Porque Álex (irmán) xa foi lector dúas veces e eu só unha. 
LEO:  Pero ti sabes que Álex le moito, moito, moitísimo. E por iso é lector do mes. Igual que ti agora.
DESI: Sí. 
LEO:  Cantos libros liches?
DESI: Non sei. 
LEO:  Uiii, non me estarás a mentir.., non? Seguro que liches?
DESI: Non, non, que sí. 
LEO:  E cal che gustou máis de todos os que liches este mes?
DESI: Violeta non é Violeta ("Violeta non é Violeta" de Xosé A. Neira Cruz. Editorial Mcmillan). 
LEO:  De que vai este libro?
DESI: Dunha nena que nacera e nas súas primeiras horas de vida fóra de cor Violeta. 
LEO:  E como se puido arranxar iso?
DESI: Despois xa se puso de cor normal, carne. 
LEO:  A ver, a ver. Non entendo como se pode cambiar así sen máis. É maxia? Ti tamén podes cambiar de cor así tan fácil? Podes ser azul se queres?
DESI: (risas). Non. 
LEO:  Cando les, Desi?
DESI: Despois de estudiar ou de facer os deberes. 
LEO:  E agora xa les con Álex?
DESI: Sí, ás veces leolle algúns contos. 
LEO:  E el, leche algo a ti?
DESI: Non, aínda non sabe. 
LEO:  Unha pregunta complicada Desi. Como fas ti para escoller un libro? Que trucos tes?
DESI: Eu vou mirando a ver cales lin e cando atopo algún do que me gusta o título, levoo. 
LEO:  E máis preguntas. Hai algún título que che gustaría ter, algún que miraras nalgunha libraría, nalgunha tenda?
DESI: Pois non.  
LEO:  E cales son os que máis che gustan? Os de amor, os de humor, aventuras,medo,...?
DESI: Os de aventuras. 
LEO:  Ademais de elixir libros, que outras cousas fas cando ves á biblioteca?
DESI: Miro os espedregadís ou collo un libro e poñome a lelo sen levalo. 
LEO:  Que farías cos teus compañeiros para que leran máis?
DESI: Que si veñen gañan espedregadís. 
LEO:  Pero iso xa o saben...
DESI: Pois non sei...Non se me ocorre nada. 
LEO:  Bueno Desi, non te preocupes. Imos facer a foto. Tes que sair moi guapa.
DESI: (risas). Vale. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario