martes, 8 de decembro de 2015

Lectoras de outubro e novembro: Lina e Azahara González

Non podíamos empezar de mellor xeito este curso. As dúas primeiras lectoras do curso son unhas auténticas deboradoras de libros. Encántalles ler e cubrir as fichas resumo para conseguir moitos Espedregadís. Xa teñen un montón. Son moi amigas e están na mesma clase. Moitas felicidades ás dúas!

LEO: Bueno, señoritas, como vos sentides?
AZAHARA: Ben. 
LINA: Ben non, xenial! 
LEO: Por que estades tan contentas?
AZAHARA: Porque estamos moito ser o lector de mes. Eu xa fun lectora o curso pasado. 
LINA: Eu tamén. 

LEO: Eu creo que xa o fuches en Infantil. Non deixas sitio para os demais!  
LINA: Sí. Pero non penso parar nunca de ler. 
LEO: Cal foi o libro que lichedes ultimamente?
AZAHARA:  Eu lín o do peixe dourado que me gustou moito. ("El pez Fernando" de Matt Buckingham. Editorial Pearson Alhambra). 
LEO: E de que trata este libro?
AZAHARA:  Dun peixe que ten moitos amigos e dun tiburón que o quere comer. 
LINA: Eu este. ("El tesoro de los cuentos de hadas" de Dorothea Goldenberg e Bette Killion. Editorial Publications International, LTD). 
LEO: E este libro de que trata?
LINA: Dun lobo que quería ser un príncipe e colleu unha témpera para pintarse pero quedou durmido e non fixo nada. Quería casar coa Bela Durminte. Ela chorou porque pensou que estaba morto en lugar de durmido. Despois, quen chorou foi o lobo porque, ao final, a Bela Durminte, casou con outro e non con el. 
LEO: E algún destes é o voso libro favorito ou tedes outro?
AZAHARA:  La calabaza de Brunilda ("La asombrosa calabaza de Brunilda" de Valerie Thomas e Korky Paul. Editorial Blume). 
LINA: Pequeño azul, pequeño amarillo. ("Pequeño azul, pequeño amarillo" de Leo Lionni. Editorial Kalandraka). 
LEO: Ahh! Ese libro sei que o lichedes todos xuntos en clase coa profe.  
LINA: Sí. 
LEO: Pois agora contovos unha cousa. Temos libros novos que vos van encantar, como estes que están aquí: "Rosa caramelo", "Estrambólicos", "Es un libro", etc. A próxima semana xa estarán listos. 
AZAHARA: Uau! Rosa. Pois eu xa veño a próxima semana e xa os collo. 
LINA: Eh profe! Este foi o que nos liches en clase. ("Enamorados" de Rébecca Dautremer. Editorial Kókinos). 
LEO: Sí, é outro dos novos. Chicas, queredes dicir algo máis?
AZAHARA: Que nos gusta moito ler. 
LINA: Moito, moitísimo. Mil millóns de libros e quero ler todos los libros que hai aquí para que compredes máis. 
LEO: E pensades que falta algo na biblioteca? Que pensades que é necesario comprar para a biblioteca?
LINA: Capítulos de época que soamente hai 14 ("Érase una vez... el hombre". Edicións Junior, S. A.. Editorial Grupo Grijalbo). 
AZAHARA: Máis revistas. 
LEO: Bueno chicas, o mércores xa teredes a vosa entrevista lista. Moitas felicidades as dúas! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario