domingo, 17 de enero de 2016

Lector de decembro: Faidah Serantes

Gran sorpresa para rematar o trimestre. Faidah Serantes é a nosa super lectora de decembro. Moitas felicidades!!

LEO: Como te chamas e cantos anos tes?
FAIDAH: Faidah Serantes Zajara. Teño 10 anos. 
LEO: Como te sentes despois de saber que es a lectora de decembro?
FAIDAH: Pois ben e un pouco nerviosa, non sei o motivo. 
LEO: Ahá, Dime, Faidah, cal é o teu libro favorito? 
FAIDAH: O dos enigmas ("El gran libro de los enigmas" de Fabrice Mazza. Editorial RBA Libros). 
LEO: E por que che gusta este libro?
FAIDAH: Porque leva moitos enigmas, porque ten un pouco de matemáticas, leva case de todo. 
LEO: E contame un segredo, saíronche os enigmas?
FAIDAH: Sí, algúns sí, outros non
LEO: Cales son os libros que máis che gustan? De aventuras? De misterio? De amor?..
FAIDAH: De aventuras. 
LEO: Tes algunha personaxe favorita?
FAIDAH: Pois non é unha personaxe, é un país ("Las crónicas de Narnia. La última batalla" de C.S. Lewis. Editorial Destino). É de aventuras. Trata moito de como era a xente antigamente. 
LEO: Moi interesante. Por que che gusta ler?
FAIDAH: Porque sinto que estou no mesmo mundo ca eles. 
LEO: E pensas que es ti a que está vivindo todas esas aventuras? 
FAIDAH: Sí, un pouco penso que eu estou vivindo todo iso. 
LEO: Tes algún libro que che gustara un pouco menos? Algún libro que pensaras que che ía gustar e ao final non foi así?
FAIDAH: De momento, non.
LEO: Que fas cando ves á biblio, ademais de pedir libros?
FAIDAH: Buscar información. 
LEO: Unha pregunta super difícil, Faidah. Como conseguirías ti que os teus compañeiros lesen un pouco máis?
FAIDAH: Pois...é un pouco difícil... Pois facendo unha actividade. O que máis le en todos, pode escoller un libro que lle guste e lelo para os demais. 
LEO: Vale, paréceme unha boa idea. Imos facer unha pequena trampa. Podes levar un dos libros novos, que aínda non están para emprestar, e lesllo hoxe na clase. Pero non te esquezas de devolvelo rápido. Cal queres?
FAIDAH: O Diario de Nikki 7 ("Diario de Nikki 7. Una famosa con poco estilo" de Rachel Renee Russell. Editorial Molino). 
LEO: Moi ben, Faidah. A ver consegues animalos. Moita sorte!


No hay comentarios:

Publicar un comentario