xoves, 11 de febreiro de 2016

Lector de xaneiro: Hugo Ferrer

O primeiro lector do 2016 xa está aquí: Hugo Ferrer. Moitas felicidades!

LEO: Como te chamas e cantos anos tes?
HUGO: Hugo Ferrer Muñiz. 7 anos. 
LEO: Sabes por que estás aquí, Hugo?
HUGO: Sí, porque lín moito. 
LEO: Certo Hugo. E sabes cantos libros liches? Acordaste dalgún título?
HUGO: Non sei cantos pero acórdome de bastantes: "Mira como crezco... O can" de Dorling Kindersley. Editorial Edebé, "O grúfalo" de Julia Donaldson. Editorial Macmillan, "Mira como crezco... Animais da granxa" de Dorling Kindersley. Editorial Edebé, "Animais en familia... a cegoña" de Rosa Costa. Editorial Parramon, "Mira como crezco... O pingüín" de Dorling Kindersley. Editorial Edebé. 
LEO: Caray Hugo, son todos de animais. 
HUGO:
LEO: E non liches algún libro que no fose de animais? 
HUGO: Sí. Brunilda sobre rodas (Laura Owen. Editorial Blume) e Scoobydoo: O misterio da momia de James Gelsey. Colección Misterios a 4 patas. Editorial Laberinto). 

LEO: E de todos estes, cal foi o que máis che gustou? 
HUGO: O do pingüín. 
LEO: Tes algún libro favorito, algún que che guste moito moito?
HUGO: O de Animais salvaxes
LEO: Por que che gusta este libro?
HUGO: Porque aprendo moitas cousas sobre animais que non sabían nin que existían. 
LEO: E despois de libros de animais, que libros che gustan máis?
HUGO: Os de Brunilda e os de Scobydoo. 
LEO: Quen é Brunilda?
HUGO: Brunilda é una bruxa moi aventureira que fai pocións, maxia para ir algún sitio ou para que saia o sol. 


LEO: E xa liches todos os de Brunilda?
HUGO: Case todos. 


LEO: Sabes que hai novos libros de Brunilda?
HUGO: Éstes, sí. Xa os estou lendo. 


LEO: Pois moi ben, Hugo. Xa son un pouco de maiores. Son fáciles de ler?
HUGO: Sí. 


LEO: Que cousas fas na biblioteca ademais de coller libros?
HUGO: Levar películas e ler libros aquí cos meus amigos. 
LEO: E por que che gusta ler tanto?
HUGO: Porque aprendo moitas cousas que eu non sabía. 


LEO: Que lle dirías a eses nenos que non che gusta ler tanto?
HUGO: Dicirlle que hai que ler porque senón non ides aprender nada e porque ler é bo e divertido. 



LEO: Fantástica mensaxe, Hugo! Agora temos que facer a foto e prontiño terás a túa entrevista. Moitas felicidades! 






Ningún comentario:

Publicar un comentario