miércoles, 12 de abril de 2017

Lector de marzo: Faidah Serantes

E, de novo, repetimos lectora. Toda unha súper entrevista. Atentos ás razoadas e maduras respostas desta fermosísima señorita. Noraboa, Faidah!

LEO: Lectora do mes de marzo...
FAIDAH: Ben.
LEO: Cantos libros, liches?
FAIDAH: Non os conto pero máis de dez...
LEO: Pois, sí. 14 libros en total. Incrible. De que son eses libros?
FAIDAH: De aventuras e misterios.
LEO: Hai algún libro que che gustara moito?
FAIDAH: Sí, o de Fenris, el elfo. ("Crónicas de la torre. Fenris, el elfo" de Laura Gallego. Editorial SM).
LEO: Ah, unha das novidades. De que vai este libro?
FAIDAH: Trata dun elfo que ten licantropía e os demais elfos non lle queren.
LEO: Que é a licantropía, por se alguén non o sabe?
FAIDAH: É unha enfermidade, supostamente, producida por un mordisco dun home lobo.
LEO: Que consecuencias ten?
FAIDAH: Pois, o típico, converteste nun lobo e non recordas o que fas durante o período que estás transformado. Obrígalle a beber sangue humana e a matar xente sen que a túa conciencia racional o saiba.
LEO: Recomendarías ler este libro a alguén?
FAIDAH: Sí.
LEO: Que tipo de persoas poden ler este libro, segundo a túa opinión?
FAIDAH: Nenos nenos, non. Lectores avanzados, sí. E lectores aos que lle gusta a fantasía.
LEO: E os que non teñan medo, non?
FAIDAH: Sí.
LEO: Ti pensas que isto podería pasar de verdade?
FAIDAH:  Gustaríame que pasara de verdade.
LEO: En serio? Aquí en Raxó?
FAIDAH: Sí, excepto na parte na que matan a persoas.
LEO: E se foras tí o lobo que morde a humanos?
FAIDAH: Pois...gustaríame ter esa experiencia pero se fago dano a alguén, non é tan bo.
LEO: A quen morderías para metelo dentro do teu "club"?
FAIDAH: Pois... aos nenos que non fan caso aos seus pais.
LEO: Que ben! Paréceme moi divertido. Dime unha cousa, Faidah. Por que les tanto?
FAIDAH: Pois porque así deixo a un lado este mundo tan aburrido e imaxino como sería na vida real.
LEO: Vaia. E por que opinas que é tan aburrido?
FAIDAH: Porque os maiores sempre están coa política e non teñen tempo para eles ou fan caso ao traballo e non teñen tempo para os seus fillos.
LEO: Faidah, encántame a túa resposta e, que saibas, que estou moi de acordo contigo. Pero agora fágoche unha pregunta máis difícil. Que farías ti para cambiar esta situación?
FAIDAH: Os horarios dos traballos, que os maiores teñan un pouco de tempo para eles e para os familiares que teñen ao redor.
LEO: Pois, sí. Tes razón. E pensas que haberá máis nenos coma ti, que len para desconectar do mundo real?
FAIDAH: Pois, sí.
LEO: Coñeces algún?
FAIDAH: Uxío.
LEO: Ok, Faidah. Por último, botas algo de menos na biblioteca ou cambiarías algo?
FAIDAH: Que houbera máis libros de misterio e moitos de terror.
LEO: Moi ben, Faidah. Agora podes ir buscando un sitio que che guste para facer a foto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario