sábado, 3 de xuño de 2017

Lector de maio: Juan Pedro Ruano

Último lector do curso. Aquí está Juan Pedro, o devorador de libros. Noraboa!

LEO: Cantos anos tes, Pedro?
JUAN PEDRO: 6. 
LEO: A mascota da biblio chiboume que fuches o que máis libros leu neste mes de maio. É certo iso?
JUAN PEDRO: Sí. 

LEO: Cantos libros liches?
JUAN PEDRO: Nin idea. 

LEO: Acordaste dalgún libro?
JUAN PEDRO: Só do de "A bañarse", que ten a portada cun león ("A bañarse" de Taro Gomi. Editorial Kalandraka). 

LEO: De que vai este libro, Juan Pedro?
JUAN PEDRO: Dun neno que se disfraza de león e que se tira na bañeira e que se enche de burbullas. 

LEO: E por que había burbullas?
JUAN PEDRO: Pois non sei. 

LEO: Que fixo despois o neno?
JUAN PEDRO: Despois secouse e foi para o salón. 

LEO: E no salón que fixo?
JUAN PEDRO:  Mirou a tele. 

LEO: Vale. Recordas algún libro máis?
JUAN PEDRO: Non, só ese. 

LEO: Que libros son os que máis che gustan? 
JUAN PEDRO: Os e aventuras e os de policías. 

LEO: E cando vas á biblio, como fas para buscar un libro que che gusta?

JUAN PEDRO: Porque vexo as historias. 
LEO: Non che entendo. Mellor colle un libro calquera e mo explicas. 
JUAN PEDRO: (Sinalando o lomo) Leo aquí. 
LEO: Ah, vale! Les o título do libro que está no lomo. Unha cousa, esta parte de aquí, chámase lomo. 
JUAN PEDRO: Sí. 
LEO: E lendo o título xa sabes se che gusta un libro ou non?
JUAN PEDRO: Sí. E me encantan os que leo. 
LEO: Tes libros na casa?
JUAN PEDRO: Moitísimos. Hai como 500. 
LEO: E xa liches todos?
JUAN PEDRO: Non, home. 
LEO: Les ti só?
JUAN PEDRO: Coa miña nai. 
LEO: Dime un segredo. Quen le mellor dos dous? En baixiño para que non se entere ninguén...
JUAN PEDRO: Eu. Mamá aínda está aprendendo. Bueno, non...a ver...os dous. 
LEO: Vale, vale. Está perfectamente explicado. E papi, tamén está aprendendo?
JUAN PEDRO: Non. El xa le libros de maiores. 
LEO: Ben. Cóntame agora que cousas que gustan da biblio?
JUAN PEDRO: Os libros, as películas e os libros de Brunilda. 
LEO: Pero entón, tamén che gustan os libros de meigas, non só de policías. 
JUAN PEDRO: Sí. 
LEO: Ok. E sabes que de Brunilda hai un montón de libros?
JUAN PEDRO: Sí. 
LEO: E xa tiveches tempo de lelos todos?
JUAN PEDRO: Non, todos non. 
LEO: Despois, cando fagamos a foto, cóntoche onde están colocados todos os libros de Brunilda: os contos e os cómics. 
JUAN PEDRO: Vale. 
LEO: Cando les máis? Pola mañá, pola tarde, pola noite?
JUAN PEDRO: Pola noite. 
LEO: Estupendo, Juan Pedro. Imos facer a foto xa que vai tocar o timbre. Somos un charlatáns!
JUAN PEDRO: Xa. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario