luns, 30 de outubro de 2017

Lector de outubro: Carlota Da Silva

Vaia sorpresón! A primeira lectora deste curso é unha rapariga moi coñecida nesta biblioteca.
Felicidades Carlota!!

LEO: Carlota, repetimos!
CARLOTA: Sí. 
LEO: Cantos anos tes xa? Véxote moi maior. 
CARLOTA: 4. 
LEO: Polo que vexo, segues lendo un montón. Gústache ler moito?
CARLOTA: Será porque xa aprendín a ler. 
LEO: Uau! Cando aprendiches?, Con quen? Cóntame todo. 
CARLOTA: Xa. Coas letras, cos puzzles, cos números. Teño un puzzle de Peppa Pig moi fácil e sei contar. 
LEO: Que libros les? De que son?
CARLOTA: O do coelliño foi o que lín o outro día. Hoxe vou ler o da Patrulla. E tamén vou a contar cancións en inglés. 
LEO: Cantas cousas fas xa! Axúdache alguén, Carlota?
CARLOTA: Miña nai e máis eu. 
LEO: Tes unha súper mami. Que sorte!  Ademais de mami e de Carlota, quen le en casa?
CARLOTA: É moi grande a miña casa. Le miña irmá Lola, mamá, papá e máis eu. 
LEO: Carai! Unha familia súper lectora. É fantástico! 
CARLOTA: Sí.
LEO: Sabes dicirme cal é o teu libro preferido este ano ou é o mesmo do curso pasado?
CARLOTA: O da Patrulla Canina ("El súper robot de Ryder" de autores varios, 2016). 
LEO: E quen é o mellor da Patrulla Canina?
CARLOTA: Skye, que teño o boneco na casa. 
LEO: Ahh! Entón sabes contarme como é Skye. 
CARLOTA:  (Xesticulando coas mans) Así con orellas, ollos e con orellas e con nariz. 
LEO: Pero, espera un momento. Skye é unha persoa?
CARLOTA: Non. Un animal. 
LEO: Ah, xa me estaba preocupando porque lle puxeras unhas orellas moi grandes. Que animal é?
CARLOTA: Un león. 
LEO: Seguro??!?!? Vai ser mellor que busquemos unha foto...
CARLOTA: Un can, un can!

LEO: E por que che gusta Skye?
CARLOTA: Porque me encanta. Ten gafas, boca, nariz e patiñas. 
LEO: E que fai Skye?
CARLOTA: Xogar cos amigos da Patrulla Canina. 
LEO: Agora unha pregunta importante. Queres que compremos algún libro para a biblioteca?
CARLOTA: Sí. 
LEO: Cal queres?
CARLOTA: Non sei. 
LEO: Bueno, podes pensalo e cando o saibas, dismo. Agora imos facer a foto, Carlota. 
CARLOTA: Vale. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario