Despois dunha longa tempada sen aparecer por estos lares, temos que informar que o lector/a do mes
de decembro recae nunha alumna da clase de primeiro: Mabel C.L.
Queremos felicitala polo seu traballo realizado na biblioteca.
NORABOA MABEL!!
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario