Boas lectores e lectoras:
Xa temos lectora do mes de abril. É unha rapaza que está en quinto curso.
FELICIDADES MANUELA!!
Fixémoslle un par de preguntas que podedes ler a continuación:
- Manuela, que é o que máis che gusta da nosa biblio?
- A variedade de libros que hai.
- Que mellorarías?
- Cambiaría como están colocados os libros. Colocaríaos dos máis pequenos aos máis grandes.
- De acordo. Cales son os teus libros favoritos?
- Os de "Los futbolísimos".
- Moitas gracias, Manuela.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario