mércores, 3 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA

Ola amiguiños/as!

Son a Fada Acaramelada, que tal os vai?
Estiven lendo moito estes días e descubrín que o día 3 de xuño, celébrase o Día Mundial da Bicicleta.


É unha data para reflexionar sobre os beneficios desta forma de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas. As bicicletas son as máquinas ideais para o transporte a distancias curtas e temos que recoñecer os beneficios que aportan para a sociedade e o medio ambiente.

A bicicleta non sempre foi como a coñecemos. No seguinte vídeo podedes ver como evolucionou ao longo dos anos.


Seguro que moitos de vós tendes unha...pero eu ando algo tristeira porque aínda non teño ningunha... 
Teño unha idea!!...

Que vos parece se me fabricades unha? Xa sei que sabedes debuxar moi ben e que sodes uns artistas en plástica.

Se precisades un pouquiño de axuda, a nosa querida poetisa "Gloria Fuertes" deixounos un poema sobre como debuxar una bicicleta. Queredes coñecelo?


CÓMO DIBUJAR UNA BICICLETA  

Para dibujar una bicicleta,
-no es necesario ser muy poeta-.
Y aunque no sepas geometría
(circunferencia, ángulo,
radio, triángulo)
aquí tenemos tres redondeles,
una pirámide (pico hacia abajo)
un manillar,
aquí un sillín,
¡y a organizar!
Una rueda, otra rueda
-el redondel dentado de la
cadena-.
Un manillar, con su freno,
otro manillar,
y  aquí el sillín
para descansar.
-Vean la bicicleta
completa-,
bicicleta, reluciente.
¡Cuidado en la cuesta abajo!,
no presumir de valientes,
porque si empiezas, sin manos,
puedes acabar sin dientes.

Gustouvos? Podedes aprendelo e  enviar as vosas bicicletas ou o voso vídeo recitándoo, ao enderezo da biblioteca:

bibliotecaespedregada@gmail.com


Estarei impaciente por recibir as vosas bicicletas e  así percorrer as rúas montada nela. 

Moitísimas grazas Roi por fabricarme esta bicicleta tan chula!! Esta tarde sairei á rúa co vós.

Xavi fabricou dous bicicletas, unha antiga e outra tándem. Bo traballo Xavi!!  Encántanme montar nas bicicletas tándem. Eu prefiro ir diante,... e ti?

 

Ah! buscando buscando atopei moitos libros na nosa biblioteca que tratan este tema. Aquí tendes unha mostra.





Festexade este día montando en bici!
Bicos!
Todvai saír ben! 🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario