Seguindo coa tradición, a biblioteca do CEIP Espedregada convocou o concurso de relatos de nadal para celebrar esta datas tan sinaladas. A calidade das obras presentadas tanto por parte do alumnado como das familias foi altísima pero ao final as gañadoras e gañadores son:
venres, 24 de decembro de 2021
CONCURSO DE RELATOS DE NADAL
xoves, 23 de decembro de 2021
BO NADAL
O equipo de Biblioteca e a Fada Acaramelada desexámosvos un Bo Nadal e que se cumpran os vosos soños.
Vémonos e xaneiro!!
luns, 20 de decembro de 2021
RECANTO DE NADAL
Pero mira que nos quedou bonito o noso recanto de nadal. Xa sabedes rapazada, se con libros sobre estas datas sinaladas quere gozar, por este recuncho da biblio tes que pasar.
AARÓN CASTRO VENCEDOR DO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
Ademais de sair gañador na súa categoría os membros do xurado tamén procederon a seleccionar a tarxeta de Aarón Castro Montes, do CEIP Espedregada para ser utilizada polo Concello de Poio para a súa felicitación institucional de Nadal.
Parabéns Aarón!
+Info en https://www.concellopoio.gal/index.php/1369-o-concurso-de-tarxetas-de-nadal-contou-coa-participacion-de-mais-de-400-mozos-e-mozas-do-municipio
MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA
luns, 6 de decembro de 2021
xoves, 25 de novembro de 2021
A NOSA LAZADA DO 25 N
25 N NA BIBLIOTECA DO CEIP ESPEDREGADA
UNHA ARMADURA CON FERRUXE
Para conmemorar o 25N hoxe tivemos no CEIP Espedregada unha función de monicreques dinámica e amena para todo o alumnado, cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.
xoves, 18 de novembro de 2021
NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Durante este mes de novembro celebraremos o mes da Ciencia na nosa biblioteca, experimentaremos coa nosa rapazada mediante o club de ciencia e prepararemos unha selección de libros que están desexando que os levedes para as vosas casas.
martes, 16 de novembro de 2021
CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN
CINE NA BIBLIO
Como este ano o noso proxecto de centro vai de cine, a nosa biblioteca convertese en tódolos recreos nunha sala cinematográfica. A estrea foi cos "sete cabritos" pero todas as semanas iremos cambiando a carteleira.
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN
venres, 5 de novembro de 2021
martes, 2 de novembro de 2021
CLUB DE CIENCIA
venres, 29 de outubro de 2021
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, e nos rendimoslle homenaxe con este vídeo a nosa biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do cole, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón.
martes, 26 de outubro de 2021
CAIXA DE SUXESTIÓNS
Como todos os anos, dende a biblioteca de " A Fada Acaramelada", queremos saber que cousiñas botades en falta e que novos materiais vos gustaría que mercásemos. Por favor, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
PREME NA IMAXE, para accder ao formulario.
xoves, 7 de outubro de 2021
INAGURACIÓN DE "UNHA BIBLIOTECA DE CINE"
martes, 28 de setembro de 2021
XA ESTAMOS DE VOLTA
Xa estamos de volta!
Como cada ano, A Fada Acaramelada danos a benvida a un novo curso escolar coa inauguración da biblioteca.
Este venres 1 de outubro estenderemos a nosa alfombra vermella para dar o comezo a este "ano de cine".
Recordade que ata mediados de mes a nosa biblio non poderá ser utilizada polas familias.
CÁMARAS, LUCES, ..... ACCIÓN!
venres, 18 de xuño de 2021
GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN
Ola de novo!!
Chega o verán. Sol, praia, sorrisos, xogos cos amigos/as... e lecturas! Que gozada deitarse na herba cun bo libro entre as mans!
Gozade da maxia de ler!
A Fada Acaramelada
mércores, 16 de xuño de 2021
PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"
Chega o remate do curso e con el, o traballo final do noso proxecto:
"A volta ao mundo da Fada Acaramelada"
Durante o curso escolar, estivemos traballando os diferentes países ao longo dos distintos continentes, facendo fincapé sobre os diferentes aspectos da vida das diversas culturas.
Na seguinte presentación recompilamos todo o traballo. Agardo que vos guste.
A Fada Acaramelada
mércores, 9 de xuño de 2021
LECTOR DO MES DE MAIO
Bo día!! Como estades?
Estamos a piques de rematar o curso e segue sendo moi alto o voso nivel de participación e de lectura. Queredes coñecer cal foi o último lector do mes deste ano? Nesta ocasión o gañador indiscutible é ...
Fada: Poderíasnos falar dalgún libro dos que liches?
Ezequiel: Nas dúas linguas, aínda que entendo mellor os que están en castelán posto que eu levo toda a vida falando nesta lingua. Agora estou aprendendo moitas cousiñas en galego.
Fada: Gustaríache recomendar algún libro aos teus compañeiros/as?
Ezequiel: Gústanme moito os libros de medo. Ademais os libros de dinosauros son dos meus preferidos.
Fada: Non me digas!! E cal é o teu dinosuaro favorito?
Ezequiel: Teño tres preferidos: o velociraptor, o anquilosaurio e o plesiosaurio. Aprendín motísimas cousas e me encantaron!
Fada: Unhas moi boas recomendacións, Ezequiel. Imaxino que lle leras contiños ao teu irmán pequeno, non?
Ezequiel: Ás veces lle leo cousiñas e pon cariña sorrinte; outras veces está un pouco enfadado porque quere durmir ou comer e non me fai caso.
Fada: Jaja... que simpático. Canto tempo che leva ler un libro?
Ezequiel: Depende, se é un libro moi longo uns diiñas,.. se é pequeno dez minutos.
Fada: Caramba, que rapidiño les xa. Aparte dos libros, gústache ler revistas?
Ezequiel: Si, moito. Na miña casa teño algunhas de acción e de banda deseñada. Ademais, gústanme moito "Os Papagaios" da biblioteca.Fada: De veras? Podes dicirnos de que vai para que outros nenos e nenas os coñezan?
Ezequiel: Algúns tratan de cousas de medo outros de construción. Os personaxes son os mesmos nos diferentes números.
Fada: Moi interesante. Por certo,... que é o que máis che gusta da biblioteca do cole?
Ezequiel: Todo, pero aparte dos libros me gustan as "pelis", como as de "Scooby Doo" ou "O monstro do Lago Ness"
Fada: É certo, na biblioteca do cole, temos moi boas "pelis" tamén. Se foses un personaxe de contos, cal che gustaría ser?
Ezequiel: Un dinosauro.
Fada: Xa, pero me refiro a un personaxe dun conto ou novela clásico.
Ezequiel: Pois... Rocinante.
Fada: Rocinante? O cabalo de don Quixote? Por qué?
Ezequiel: Si, agora estamos a ler as aventuras de Don Quixote da Mancha na clase e Rocinante da moita risa é tamén é un pouco torpeciño coma min...Un día lle tirei sen querer a copa ao meu pai... jeje!
Fada: Ja, ja,ja.. es un fantástico alumno, Ezequiel. Estou encantada de que estés no noso cole. Moitas grazas pola túa entrevista.
Ezequiel: Ata pronto!
domingo, 16 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
Hoxe, 17 de maio celébrase o día grande da nosa lingua:
Día das Letras Galegas
Desde aquel primeiro 17 de maio de 1963, cando se homenaxeou a figura de Rosalía de Castro, nos 100 anos da publicación dos seus Cantares Gallegos, so outras tres mulleres máis foron recoñecidas neste sinalado día. Mais este ano a protagonista é novamente unha escritora.
Xela Arias
Xela Arias foi unha muller comprometida coa defensa da paz, xustiza, o medio ambiente e a igualdade entre mulleres e homes. Polo seu inmenso traballo como editora, tradutora e sobre todo como poeta excepcional, merece ese lugar especial na historia da nosa lingua e da nosa literatura.
Que pasedes un feliz día!!
A Fada Acaramelada
xoves, 6 de maio de 2021
LECTORA DO MES DE ABRIL
Ola, lectores!!
Vaia sorpresa! Por fin podemos felicitar e entrevistar a unha nena de 5º de infantil por ser a lectora do mes de abril. O seu nome é...
Lola: Gústanme moito os libros de princesas e tamén o libro ¡Alguien se ha tragado a Lola!.
Fada: Quen é Lola? Unha nena coma ti?
Lola: Non, Lola é unha bolsa que flota desorientada no mar e unha tartaruga trágaa.
Fada: Non me digas! E que pasou ao final?
Lola: Que un neno consegue rescatala.
Fada: Ufff... que alivio!!... por certo, na túa casa, aos teus pais gústalles ler tanto coma ti?
Lola: Si, na miña casa, miña nai é a que máis le.
Fada: Cal é o teu momento favorito do día para ler un libro?
Lola: Pola tarde cando estou no salón coa miña nai.
Fada: Agora unha pregunta importante: Se foses unha personaxe de conto, cal che gustaría ser?
Lola: Unha fada, para facer cumprir os desexos dos demais.
Fada: Moitas grazas Lola. Encántame coñecer pequenas pero grandes lectoras coma ti.
Lola: Adeus!
A Fada Acaramelada
xoves, 22 de abril de 2021
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Hoxe 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro , pero… sabedes por que se celebra este día e non outro? Escoitade con atención!
E nós, tamén queremos festexar e lembrar a importancia e necesidade de ler, de gozar cos libros. Para iso, compartimos este vídeo, no que moitos de vós recreáchedes a portada do voso libro favorito, e que á vez, servirá de recomendación de lectura para os demais. Agardo que vos guste.
Tras facer reconto de todos os vosos votos, velaquí o Top 10 dos libros preferidos no noso cole. Grazas pola vosa participación!
No primeiro lugar, Sara, de 5º de EI, recoméndanos "Telma el Unicornio". Queredes escoitala? Premede na imaxe.
Roi,(2º EP) fálanos dun can moi particular, cun corazón moi grande " Perro apestoso". Non vos perdades a súa recomendación."Conexión Macarrón" un título moi suxestivo, verdade? Alex, de 5º de EP explícanos de que vai este libro de Ledicia Costas.
Fery, de 5º de EP, fálanos do seu libro favorito, "Tea Stilton a la caza del tesoro en Roma".
Fabio, (4º EP) recoméndanos un libro co que te escangallarás de risa. "Los Compas escapan de prisión".
Queredes saber quen foron os gañadores/as do noso concurso creativo "As portadas cobran vida? Teño que dicir que non foi unha decisión sinxela porque todas as portadas estaban fantásticas!!
Houbo dos 3º premios. Un foi para Aurora...
Parabéns a todas!!
No cole pasamos un día cheo de sorpresas e boas lecturas, xa que na biblioteca houbo....libros de agasallo para todos/as!
![]() |
Alumnado Infantil |
![]() |
Alumnado de 1º -2º |
![]() |
Alumnado de 3º |
![]() |
Alumnado de 4º- 5º |
![]() |
Alumnado de 6º |
Agardo que estas propostas serviran para facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos/as. Pasade un moi feliz Día do Libro e ...