Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, e nos rendimoslle homenaxe con este vídeo a nosa biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do cole, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón.
MERGÚLLATE na maxia da poesía, os contos tradicionais, a banda deseñada, o teatro, os mitos e lendas, os grandes clásicos... PESCUDA sobre dinosauros, petróglifos, sereas e mouras, pobos do mundo, receitas de cociña, arte, ciencia... XOGA coa lingua entre trabalinguas, adiviñas, refráns, chistes, acrósticos, palíndromos, ladaíñas... EMOCIÓNATE con melodías e películas da nosa terra e mais de alá... CREA: deseña, pinta, moldea, cociña, canta...grava nas ondas e mais en madeira as túas ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario